Quico Cadaval, Carlos Blanco, Guadi Galego, Sés e Uxía , entre os grandes nomes do Festiletras 2016

Quico Cadaval, Carlos Blanco, Guadi Galego, Sés e Uxía , entre os grandes nomes do Festiletras 2016
Copia de Sin título-1

A aldea pontecesá do Couto volverá a encherse o próximo mes de maio de literatura, música e diversión con motivo da celebración dunha nova edición da gran festa das letras organizada pola Fundación Eduardo Pondal na súa sede do Couto, pero tamén noutros espazos da parroquia de Cospindo como a Casa dos Veciños e a Taberna Agra de Mares e do resto do municipio como a casa de Pondal, o observatorio de aves, Monte Branco e Valarés.
Grandes nomes do mundo da cultura galega daranse cita un ano máis, neste caso ao longo de oito intensos días entre o 15 e o 22 de maio, para achegar as súas propostas en forma de sesións para escolares polas mañás, clases maxistrais e charlas polas tardes e música de taberna, concertos e monólogos polas noites.
A semana cultural ofrecerá así o luns 16 unha convivencia escolar para o alumnado do CEIP Eduardo Pondal, cos convidados David Ballesteros, Tamara Lema, María Xosé Pousa, Ricardo Pérez e Odaiko Percusión, unha clase maxistraal de Davide Salvado, apertura das exposicións de Vicki Rivadulla “Ser outra cousa” (pintura) e “Matria” (escultura), recital poético con Óscar de Souto e foliada con O Son do Castro, Farrapos e A Oliveira.
O martes 17 será o III Premio de Poesía Infantil con Concha Blanco, Diana Varela, Xelucho Abella e María Canosa como convidados, sesión vermú con Tino Baz, o I Certame de Teatro Infantil “Xosé Neira Vilas” coas aulas municipais de Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe, un taller con Xosé Vizoso e o monólogo de Quico Cadaval. O mércores 18 farase o roteiro pondaliano “Val nativo”, haberá un taller de memoria colectiva e petiscos musicais con Bieito Romero e A Mundiña, seguido o xoves 19 dunha homenaxe a Manuel María, actuación de Fantoches Baj e os Gaiteiro os do Centro coreográfico Galego e máis petiscos musicais con Talabarte e Artabria.
Entre os actos do venres 20 destacará a actuación de Uxía Senlle e Magín Blanco e o monólogo de Carlos Blanco, e entre os do sábado 21 o III Encontro de Aldeas Singulares, a Cova Céltica cun encontro de Rexubeir@s e o concerto de Sés (23.00)

Quico Cadaval, Carlos Blanco, Guadi Galego, Sés e Uxía , entre os grandes nomes do Festiletras 2016

Te puede interesar