Vázquez “Fáltanos de casi todo, pero acaso non é entendible?”

Vázquez “Fáltanos de casi todo, pero acaso non é entendible?”
30 octubre 2020 El RC Deportivo llevó a cabo ayer su segundo entrenamiento consecutivo sobre hierba artificial, en el campo de San Tirso de Mabegondo

No partido co Compostela e polo sepelio do seu irmán, Vázquez non estivo en San Lázaro até os derradeiros vinte minutos do encontro. Despois do choque, falou Álex Bergantiños e non compareceu ninguén do corpo técnico. O míster falou de David Sánchez, que é o analista e fai de segundo técnico ainda que por un tema de licenzas non poda figurar como tal. Porén, Sánchez incluso da clases na escola de adestradores.

“Non lle podo chamar segundo entrenador, porque seica vou recibir críticas e as estou recibindo. Chamémoslle axudante. Ten unhas limitacións, pero considero que non teño por que ter outro segundo adestrador. Máis alá de axudante técnico tamén é analista, pero considero que podo elixir unha persona como axudante meu sin ter un título nacional, que é o que lle falta a David Sánchez para desenvolver a súa función en todos os seus conceptos. A persoa técnica de confianza é el. Pero esa función non a desenvolve no banco porque non ten o título nacional. Eso faino Pombo e diríxise aos futbolistas porque así o di o regulamento”, explicou Vázquez.

O míster falou da situación de varios futbolistas do plantel. Un deles, Uche Agbo, que progresa adecuadamente.

“Non é fácil avaliar a situación. Para demostrar que un xogador está ben hai que poñelo de inicio. Está moito mellor, avanza a pasos grandes pero esa dúbida de se está para 90 minutos ou esperamos... son dúbidas de entrenador que iremos resolvendo”, apuntou o estratega deportivista.

O partido perante Unionistas ten outro hándicap: o céspede artificial. Para xogadores como Uche ou Miku pode ser un problema, ainda que o adestrador entende que non.

“Non sería tanto o problema do campo. Falo con eles e cada día están mellor. Uche recoñezo que está a un nivel moi alto e é a miña deciisón. Miku está moito mellor. A decisión do adestrador é o que vai dicir. Cando o considere, fareino. Será este fin de semana? Nestos momentos teño certa tendencia a unha cousa ou outra pero non a vou dicir”, matizou.

Nacho González parece recuperado das súas molestias, ainda que onte fixo só as tarefas tácticas. “Espero que estén disponibles os ‘tocados’. Hoxe probou Nacho, as sensacións son positivas. Granero si chegará porque é inflamación. E hector dende mércores traballa con normalidade”, indicou.

O mister falou dos problemas que ten o Depor no centro do campo. “Seguramente falta certo desenvolvemento. Non o temos traballado en profundidade e as rutinas non están ben entendidas en algúns casos. Falta traballo. Pero repito, a pesar de todo, gañamos un partido e empatamos outro. É comprensible a situación, pero non prometo, nin estou prometendo gañar todos os partidos... estou dicindo que a situación será complicada, dura. Está sendo sobre todo a nivel sicolóxico, pero comprométome e teño un obxectivo de que o Deportivo esté en Segunda. Pero eso non se pode alcanzar agora. Un pode estar coas expectativas dun nivel extraordinario, que o euqipo fora funcionar como un reloxo e ser superior e arrasar. Este tipo de pensamento non é o correcto. Non é pensar que o Depor vainos deleitar, todo o mundo se vai ir facil, imos golear... non. Aínda que o equipo estivera ben e xogara con certa fluidez, iamos ter moitos problemas na categoría. Eso está claro, Non vamos gañar todos os partidos”, insistiu.

De Unionistas dixo que analiza os partidos como se foran de elite. “Tomo os partidos como se estivera xogando en Primeira. Preocúpame saber como xogan, que fan, a nivel individual que futbolistas son. É un equipo moi ben preparado polo seu adestrador e que xoga nun campo que para nós será raro. Un campo que iguala calidades. Que o vamos a pasar mal? Seguro. Que vamos a buscar a victoria? Tamén”, avanzou o adestrador.

Respecto as baixas en defensa, admitiu que concibe a posibilidade de xogar con tres centrales ou con liña de catro. Dependerá un pouco de Héctor Hernández.

Tamén foi solicitado sobre si o equipo ten claro como presionar e como atacar. “É posible que nalgún momento o equipo intente algo e por falta de rutina de adestramento non o sepa levar a cabo con perfección. Estamos lonxe. Algo desto si que hai. En segundo lugar, non quero de inicio ser un equipo que me pase os 90 minutos sobando a pelota. Quero vivir doutro tipo de situación e nese reto estou poñendo ao equipo. Fáltanos. Defensivamente non temos problemas, pero temos que xogar máis directo, máis rapido e cando teñamos a pelota desenvolvernos con ela. Falta ese tipo de traballo? Si. Fáltanos de casi todo. Pero acaso non é entendible? Se algunha xente no o entende, pido comprensión é apoio”, declarou.

Nesta semana o técnico seguiu traballando cos xogadores para adquirir automatismos para mellorar o xogo en ataque.

“Un entrenador ten unha idea, pero esa idea, se eres entrenador, hai que entrenala. que esa idea pase a ser rutinaria, para que se aplique de forma rutinaria e estou nese proxecto. Queremos xogar dunha maneira determinada, imos facela, que podemos perder? Pero primeiro temos que facela. Logo xa veremos. Estou nesa fase de que o equipo confíe naquelo que si quere facer”, explicou. l

Vázquez “Fáltanos de casi todo, pero acaso non é entendible?”

Te puede interesar