“Temos que estar á mesma altura que os municipios da contorna de A Coruña”

“Temos que estar á mesma altura que 
os municipios da contorna de A Coruña”
Juan Fariña e Alejandra Pérez, diante da casa do concello de Bergondo pedro puig

O 1 de xaneiro de 2016, Bergondo estreará ano e Goberno. Unha nova etapa na que Alejandra Pérez Máquez (PSOE) e Juan Fariña Pedreira (Anova IN) compartirán xestión e incluso competencias, como as de Urbanismo. Están convencidos de que con diálogo e confianza, ademáis dunha elevada dose de optimismo, poderán acadar os casi corenta obxectivos recollidos no acordo anunciado hai dúas semanas, e que será antes de 2019.

Vostedes mesmos recoñecen que a sincronía entre o PSOE e Anova é constante desde 2015. Cal é entón o motivo da demora das negociacións e de non houbera acordo ata o día 3?
Alejandra Pérez: Antes de empezar coas negociacións en serio, tivemos un longo período de coñecemento entre os grupos, entre os concelleiros, vendo boa sintonía nas propostas que se levaban a cabo de xeito rutinario. Logo conversamos ampliamente sobre os obxectivos do acordo. Non foi ata o final cando falamos da distribución e das áreas.
Juan Fariña: A asamblea de Anova, tras unha nova petición do PSOE, acorda en agosto negociar a posible entrada no Goberno. Dita petición desestimárase previamente en marzo, xa que daquela entendiamos que aínda non se producirá un cumprimento aceptable das medidas ou condicións que lle esixíamos ao PSOE para gañar en confianza respecto a eles e implantar medidas útiles para Bergondo. Isto era un proceso que ía en paralelo e non excluía conversas para acordar outras cuestións e tirar para adiante con medidas necesarias para Bergondo. Conseguíronse moitas cousas neste ano e medio. Por outra parte, antes de convivir no seo dun goberno era preciso que nos coñecéramos ben previamente, daí a comunicación constante.

Como pensan conseguir ser un único Goberno? Porque rexeitan o termo “bipartito” para apostar pola transversalidade e unidade en Bergondo.
AP: Falando moito, e confiando os uns nos outros, doutro xeito non sería un Goberno. O diálogo será a pedra angular. Neste ano e medio vimos un entendemento que fixo posible proxectos importantes para Bergondo.
JF: Con diálogo e consultándonos as cousas. Pode funcionar perfectamente, do mesmo xeito que sen diálogo podería fracasar mesmo sendo monocolor.

Dividiron as conversacións en tres apartados e o primeiro –medidas e obxectivos comúns– aparecen recollidos no acordo, pero non aclararon cal é a decisión en relación coa reforma das normas subsidiarias de urbanismo iniciadas polo PSOE. Anova tiña dúbidas respecto ao cambio de uso da antiga sede de Balcarsa.
AP: Non existe unha modificación para o cambio de uso dunha actividade concreta, nin dun edificio. Definimos, e todavía están en período de alegacións, unha modificación das normas xenérica, e haberá cuestións que teñan que resolverse cando, no seu día, se presenten os proxectos.
JF: A modificación deste apartado das normas para cambiar os usos non só afectaría a Balcarsa, senon tamén a outros moitos casos en Bergondo. En xeral naves que quedaron en completo desuso porque a actividade que as motivou xa non existe. Débese regular a cuestión. Indo ao concreto da pregunta, xa manifestáramos que se podía estudar. Pretendemos que esas instalacións alberguen tamén un centro de día público para Bergondo.

Tamén rexeitaban o cambio de uso residencial no entorno de “Os Condes” a comercial e industrial para construir un hipermercado e vivendas. Como resolveron este asunto?
AP: Ese é un tema que todavía está en estudo, e como tal requerirá de maior concreción. En todo caso, o que se pode plantexar nesa zona será sempre coa intención da obtención de equipamentos públicos.
JF: O PSOE coñece perfectamente a nosa postura ao respecto. É algo que se debateu longo e tendido. Poderase estudar –cando haxa documentación, polo de agora non hai– a implantación do hiper, en atención ao interese xeral, condicionado a que os empregos que puidera xerar esa actividade sexan de bergondeses e bergondesas e a algunha posible cesión para Bergondo que consideremos interesante. Mais descartamos a cuestión dos bloques de vivendas. Terán que agardar, igual que todo o mundo, ao que diga para esa zona o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Que plazos manexan en relación co PXOM?
AP: Unha aprobación inicial nesta lexislatura sería moi positiva. O desenvolvemento dun Plan Xeral é unha cuestión moi complexa, basta con mirar os municipios da contorna. Pero é unha prioridade e como tal debemos deixar que o equipo redactor traballe e que siga funcionando o modelo de participación.
JF: É moi difícil establecer prazos nesta cuestión. Sendo realistas, o noso desexo é que puidera haber un plan en 2019 ou 2020.

De todas as medidas acordadas, cales son prioritarias?
AP: Todas son importantes, pero por nomear algunha: a mellora e seguridade viaria, da rede de saneamento e infrastruturas.
JF: Todas o son, pero tanto o PXOM coma completar dunha santa vez o saneamento teñen prioridade máxima.

Cal é o principal problema ao que se enfronta Bergondo?
AP: Non creo que Bergondo sexa unha illa dentro dos problemas da contorna, temos que conseguir estar á mesma altura que os concellos da área, respetando tamén a nosa singularidade. Pero probablemente, a dispersión, a non existencia apenas de núcleos importantes de poboación, é unha característica e moitas veces un problema.
JF:A tremenda dispersión e a falta dun núcleo vetebrador de itodo o concello. Iso dficulta todo sobremaneira. Mais este problema tamén se pode encauzar e debemos axustarnos ao que temos e ao que somos. Bergondo necesita atopar o seu propio modelo.

“Temos que estar á mesma altura que os municipios da contorna de A Coruña”

Te puede interesar