Teatro do Noroeste busca saídas ao caos en “Linda & Freddy, ilusionistas”

Teatro do Noroeste busca saídas ao caos en “Linda & Freddy, ilusionistas”
a compañía representará a peza mañá e o sábado no rosalía

Dous ilusionistas cunha importante carreira ás costas enfróntanse nun perímetro de condición ruinosa á crúa realidade de non seren chamados para ningún traballo. Son Linda e Freddy ou o que é o mesmo, Luma Gómez e Eduardo Alonso, de Teatro do Noroeste, que se decantarán mañá e o sábado, ás 20.30 horas, no Rosalía pola comedia amarga. Con toques irónicos e nun espazo no que os profesionais da chisteira farán maxia sen baralla. A través dos textos e as píldoras que irán repartindo conforme a soidade sexa máis soidade. Nun momento no que a súa historia é a historia de moitas e tras o éxito do “Último cowboy”, a compañía volve á carga cunha entrega na que Eduardo Alonso trata de darlle saídas ao caos.

Autor, director e tamén protagonista da peza, o dramaturgo comparábase onte cun auto de choque que se vai empotrando na busca de novos guións que marquen á butaca. Alonso dicía non ser capaz de atopar ese oco porque tamén a sociedade dá cada vez menos espazo e as altas esferas amosan pouco interese a todo aquelo que chaman cultura. “Linda & Freddy, ilusionistas” non se desenvolve nun lugar en concreto pero todo apunta a un local situado no sur de Europa. Sen auga fría nin tampouco quente pero coa dignidade aínda ben posta nos traxes da parella protagonista.

A actriz Luma Gómez falaba na presentación dunha situación, a do teatro, moi complicada porque a Rede Galega de Teatros e Auditorios de Agadic “non empezou a funcionar neste semestre” e “están deixando que o esforzo de moitos anos para estruturar a cultura deste país se estea derrumbando”.

Teatro do Noroeste busca saídas ao caos en “Linda & Freddy, ilusionistas”

Te puede interesar