Vence (BNG) considera un desatino a venda do Novagalicia Banco

O portavoz nacional do BNG, o catedrático de Economía Xavier Vence, considera un desatino a venda do Novagalicia Banco.

O dirixente nacionalista sinala nun comunicado que esta operación demostra que Galicia "está sen temón" e que está ficando sen sistema financeiro e, "sen sistema financeiro non hai industria nin emprego", resaltou.

Vence pediu a Rajoy e a Feijóo que expliquen por que deixan Galicia sen esta ferramenta e destinan 25.000 millóns ao Bankia.

O portavoz defendeu retardar a venda até 2017, "como estaba previsto", e que ese tempo sexa aproveitado para converter a participación do FROB nunha participación pública que converta o NCG Banco nunha "banca pública galega, como precisa o país para poder ter crédito, fomentar os sectores produtivos e ter unha relación cos clientes en que sexan tratados como persoas e non como suxeitos para seren espoliados".

Tamén considerou que as dúas opcións contempladas, unha entidade española ou un fondo estranxeiro, son "nefastas para Galicia, porque suporá a desaparición da entidade galega". EFE

Vence (BNG) considera un desatino a venda do Novagalicia Banco

Te puede interesar