Rescatados os tripulantes dun veleiro accidentado na Marola, na ría de Ares e Betanzos

|

Cinco persoas foron rescatadas ilesas despois de que a embarcación na que navegaban sufrise unha vía de auga preto da boca da ría de Ares e Betanzos.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar minutos despois das 19,00 horas do sábado, cando os ocupantes acababan de pasar A Marola e dirixíanse facía o interior da ría.

O persoal do CAE 112 Galicia informou á Garda Civil e a Salvamento Marítimo, que explicou que, nun primeiro momento, o veleiro foi asistido por outra embarcación e que despois foi escoltado pola Salvamar Milfark ata o porto de Sada.

Rescatados os tripulantes dun veleiro accidentado na Marola, na ría de Ares e Betanzos