Vázquez: "No considero co equipo esté baixando o seu rendemento"

25 febrero 2020 Entrenamiento del Deportivo en Abegondo
|

Fernando Vázquez compareceu na sala de prensa convencido de que, a pesar de que o Deportivo leva tres xornadas sen gañar, está nun bo momento, pensando no partido de mañá ante o Almería. "Non considero que o equipo esté peor, creo que está mellor que antes. En sentido global, no fútbol o 50% coma mínimo é casual, sorte, pero nós (corpo técnico e xogadores) ocupámonos da outra parte. Hai que analizar os partidos.Non considero que o equipo esté baixando no seu rendemento", indicó.

Sobre o adversario do encontro, que volveu considerar unha "final", declarou que "é un equipo de moitísima velocidade e verticalidade, que chega moi rápido á portería e con grandes xogadores, que teñen fame por gañar porque as súas expectativas son de ascenso e nós tentaremos sacar proveito diso".

Sobre os aspectos nos que teñen que mellorar os branquiazuis recoñeceu que dáballes máis resultado, xeralmente, esperar os rivais, aínda que nas últimas xornadas estaban tendo máis posesión. "Gañábamos con posesión baixa, subímola e non gañamos. Parece que ofensivamente estamos mellorando, o equipo ten a pelota con certa calma, pero fáltanos ter ocasións para facer gol. As veces qué é mellor, coller a pelota para ti e importe ou esperar co rival trabúquese e facerlle daño? A nós danos máis resultado a espera que a iniciativa, é así", remarcou.

Vázquez: "No considero co equipo esté baixando o seu rendemento"