Os consellos reguladores galegos renóvanse para seguir medrando

Os consellos reguladores galegos renóvanse para seguir medrando
Os novos responsables reuníronse coa conselleira do Medio Rural | aec

Durante o pasado mes de xullo, a meirande parte dos consellos reguladores tanto de produtos como de indicacións xeográficas protexidas de Galicia, acudiron ás urnas para renovar as súas direccións de cara a unha nova etapa na que seguir fomentando o crecemento da produción alimentaria galega e a súa calidade.
Tralas eleccións, que renovaron un 50% dos seus membros –dez presidentes dos 21 elixibles e 92 vogais dos 179 que se presentaban–, os representantes dos consellos reguladores reuníronse coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, quen lles desexou sorte nesta nova etapa. “Temos moito traballo por diante, pero estou segura de que coa ilusión dos novos, a experiencia dos que continúan e o apoio da Consellería seremos quen de situar os nosos produtos no chanzo máis alto das producións de calidade”, sinalou.
Así, a titular de Medio Rural quixo destacar ante os presentes a “ampla e excepcional calidade” da gastronomía galega que, segundo Vázquez, parte “da transmisión de xeración en xeración do saber facer tradicional e da existencia de materias primas de gran valor culinario”.
E é que o sector galego da calidade alimentaria conta na actualidade con 31 selos –dos que foron 21 nesta ocasión os que acudiron ás urnas– que buscan favorecer a relación entre os produtores e as industrias e, ao mesmo tempo, dinamizar os territorios nos que se radican cada un dos produtos e elaboracións protexidos.
Por iso, Ángeles Vázquez quixo destacar o labor “económico e social” dos consellos reguladores e das denominacións e indicacións protexidas que gobernan, que cifrou na actualidade nunha produción de 400 millóns de euros e nuns 23.000 postos de traballo de produtores en activo e outras mil industrias. E non só no ámbito máis pegado á economía. A conselleira tamén fixo fincapé en que os consumidores están cada vez máis comprometidos co “consumo” responsable e tenden máis a apoiar produtos de quilómetro cero, do territorio e obtidos e elaborados de maneira artesanal ou ecolóxica, como é o caso dos 31 selos de calidade galegos. l

Os consellos reguladores galegos renóvanse para seguir medrando

Te puede interesar