Francisco Montouto | “Solicitaremos un encontro con Patrimonio para que resolva o expediente da Terraza”

Francisco Montouto | “Solicitaremos un encontro 
con Patrimonio para que 
resolva o expediente da Terraza”
Francisco Montouto é concelleiro de Urbanismo de Sada | Patricia G. Fraga

Tanto o complexo industrial de Cerámicas do Castro como A Terraza son sinais distintivas de Sada. E as dúas iniciaron o camiño para ser declaradas Ben de Interese Cultural. Leva vantaxe o inmoble modernista do paseo marítimo, para quen a Dirección Xeral de Patrimonio abriu expediente –o que lle outorga consideración provisional– hai un ano en catro meses, na primavera de 2018. Un par de semanas antes, a Xunta iniciara os estudios previos necesarios para proceder á consideración do complexo industrial como BIC. O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, Francisco Montouto Pérez, expón “minuto e resultado” de ambos procesos e analiza as consecuencias das súas conclusións para Sada.

Hai case un ano e medio da incoación do expediente da Terraza de Sada por parte da Xunta...
A resolución de incoación de expediente é de febreiro de 2018. Nós aí presentamos alegacións en canto aos usos –hostalería e restauración– que se recollían, posto que conforme á cualificación do PXOM, de sistema xeral de equipamento sociocultural, os usos han de ser eses, ou compables con eses, que pode ser hostaría e restauración ou non... Esas alegacións nunca se resolveronn e, aínda que sabemos que agosto é un mes complicado, nestes días enviaremos unha solicitude de entrevista cos responsables da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta para instar á resolución do expediente da Terraza de Sada.

Cal é a situación actual da concesión da Terraza?
O inmoble da Terraza está emprazado en dominio público de Costas do Estado e está suxeito a unha concesión outorgada en xullo de 1922. Dita concesión rematou hai máis dun ano, en xullo de 2018. Uns meses antes, o Concello de Sada presentou alegacións á petición dunha prórroga da concesión por parte dos concesionarios nas que argumentabamos a improcedencia legal desa prórroga, pero Costas do Estado aíndan no resolveu... En xullo contactei con eles e me dixeron que estaban pendentes do informe da Abogacía do Estado... Deberán decidir se conceden a prórroga ou se, polo contrario, declaran a caducidade da concesión.

Unha vez que Costas do Estado resolva sobre a concesión e que a Xunta complete o expediente para a súa declaración como BIC, cales son as propostas de Sada para A Terraza?
Unha vez que se resolvan as alegacións, e no suposto de que Costas do Estado declare a a caducidade e extinción da concesión, negociaresmos a súa cesión ao Concello de Sada para destinalo a equipamento dotacional público cultural conforme á cualificación outorgada polo PXOM de equipamento sociocultural, cos usos que sexan compatibles, ollo, que poden ser hostaleiros...

Considera urxente a súa consideración como BIC para poder garantir a conservación da Terraza?
Consideramos que a incorporación da Terraza ao patrimonio público, xunto á declaración BIC, son necesarias para evitar o seu deterioro e garantir a súa conservación e posta en valor. Por iso, como comentaba, nestes días solicitaremos unha reunión coa Deirección Xeral de Patrimonio para que, por parte da Xunta, se resolva, á maior brevidade, a declaración como Ben de Interese Cultural do edificio da Terraza.

E respecto ás Cerámicas do Castro?
Neste caso, a solicitude será que se incoe o expediente, que aínda non está... No 2018, oito anos despois do acordo aprobadao no Parlamento de Galicia para declarar BIC tanto Sargadelos como O Castro y de varias solicitudes por parte do Concello de Sada no mesmo sentido, iniciáronse os traballos previos necesarios para proceder á incoación da declaración como Ben de Interese Cultural do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, o Laboratorio de Formas de Galicia e o Estudio de Isaac Díaz Pardo, situados no Complexo Industrial de Cerámicas do Castro. Neste caso, a importancia de proceder de xeito inmediato coa incoación do expediente ven dada porque co acordo de incoación xa se somete ao réxime de protección BIC, isto é, xunto co acordo de incoación aplícase de forma inmediata e provisional o réxime de protección para un Ben de Interese Cultural.

En 2017, despois do acordo dos propietarios e o Concello de Sada, solicitaron á Xunta un convenio para o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside. Que contestaron desde Santiago?
Iso aí quedou, pois nunca houbo resposta por parte da Xunta.

Vostedes sempre insistiron na necesidade de amosar ao público o que contén o Carlos Maside...
Claro, claro... É un fondo pictórico impresionante, no que hai desde obras de Luis Seoane a Castelao pasando por Maruja Mallo... Obras dos artistas máis representativos do século XX. Por una parte, hai que amosalo e poñelo en valor, e por outra, hai que preservarlo e conservalo, e evitar que se siga deteriorando... En calquera caso, o papel do Concello de Sada determinaráse no convenio... De momento non se determinou, xa que o único que se plantexou foi un convenio entre os donos, o Concello de Sada e a Xunta, que é a administración con competencias na salvagarda do patrimonio cultural galego... Pero iso independentemente de que se declare BIC ou non. É un museo cunha serie de características excepcionais que hai que preservar, e que mellor momento que o ano no que a Real Academia Galega de Belas Artes homenaxea a Luis Seoane, no se que lle adicou o 1 de Abril, Día das Artes Galegas...

En caso de aprobar o convenio, cal sería o papel do Concello de Sada?
Haberá que esperar a coñecer os termos do convenio. Porque neste momento non é unha cuestión que dependa de nós, pero existen varias cuestión que desde a vertente cultural podería asumir o Concello de Sada, como un guía para o museo.... En calquera caso, son cuestións por definir porque do que se fala é dun convenio entre os distintos propietarios, a Xunta de Galicia e o Concello de Sada. l

Francisco Montouto | “Solicitaremos un encontro con Patrimonio para que resolva o expediente da Terraza”

Te puede interesar