Política Lingüística achega ao mundo do deporte o plan de dinamización do galego

Política Lingüística achega ao mundo do deporte o plan de dinamización do galego
Valentín García presenta durante o foro deportivo o documento marco do plan de dinamización da lingua galega na mocidade que está a elaborar a Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Foro de Deporte Federado “Optimizando sinerxías” o documento marco do plan de dinamización da lingua galega na mocidade que está a elaborar a Xunta, no que se prevén accións de promoción social do uso do galego impulsadas desde o ámbito do deporte en colaboración con federacións, clubs, escolas, empresas e deportistas
A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, acompañada de Valentín García, recibiu a numerosos representantes das federacións deportivas galegas na cuarta xornada deste foro especializado onde se compartiron posturas, reflexións e análises da situación actual do deporte galego desde a perspectiva do deporte federado, así como as propostas presentadas polas secretarías xerales, coa fin de aproximar obxectivos dun xeito harmónico e responsable.

Colaborar coas federacións
Así, o responsable de política Lingüística. Valentín García, explicou, durante a sua intervención, o documento marco do plan de dinamización da lingua galega na mocidade que está a elaborar a Xunta, a través do seu departamento e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. No texto se prevén accións de promoción social do uso do galego impulsadas desde o ámbito do deporte.
“O plan de dinamización do galego na mocidade inclúe o deporte entre os ámbitos de actuación prioritarios na dinamización da lingua propia de Galicia na xente nova e establece nas súas liñas básicas de traballo a colaboración con federacións, clubs, escolas, empresas e deportistas para incidir na dinamización do idioma, de acordo coas directrices do Plan xeral de normalización da lingua galega”, destacou o responsable de Política Lingüística..
A Xunta aspira a elaborar este plan coa participación activa e o compromiso das administracións e entidades públicas e organizacións sociais que interveñen no ámbito da mocidade, para que, coa implicación de todos, se cree unha dinámica de actuación encamiñada a poñer en marcha iniciativas dirixidas a aumentar o uso do galego na mocidade.
Coa finalidade de dar a coñecer o devandito plan e animar os axentes implicados neste ámbito a participar coas súas achegas para enriquecer o documento, a secretaría xeral de Política Lingüística estivo presente en diveros actos nos que están representados diversos sectores de interés pola sua influencia na mocidade, neste caso, o entorno da práctica deportiva.
O primeiro plan para dinamizar o uso da lingua galega nos mozos estará aprobado antes de que acabe este ano. Entre os obxectivos denominados estratéxicos do plan figuran garantir unha oferta ampla, diversificada, competitiva e atractiva de produtos de cultura e lecer en galego; potenciar o seu uso como lingua de relación nos mozos, e fomentar todo tipo de creatividade, experimentación e innovación, como forma lúdica de galeguización. l

Política Lingüística achega ao mundo do deporte o plan de dinamización do galego

Te puede interesar