As empresas galegas refórzanse apostando pola innovación e incorporando talento

As empresas galegas refórzanse apostando pola innovación e incorporando talento
MED702- MEDELLÍN (COLOMBIA), 03/08/2017. -Un hombre observa por un microscopio hoy, jueves 3 de agosto de 2017, en un laboratorio del nuevo edificio de laboratorios de la Universidad Pontificia Bolivariana (UPB) en Medellín (Colombia). La Un

Galicia ten entre os seus obxectivos a posta en marcha de iniciativas que permitan captar e reter talento innovador na Comunidade para acometer proxectos vinculados á I+D+i.A innovación e o talento son os dous eixes fundamentais para incrementar a competitividade das empresas galegas e acadar un maior crecemento económico e de benestar para as familias.
Entre estes programas destaca Principia, pensado para a contratación -por parte das empresas e centros de coñecemento da Comunidade- de investigadores e tecnólogos novos (os participantes deben ter menos de 35 anos) e con pouca experiencia laboral (o máximo son 36 meses). Búscase, deste xeito, favorecer o desenvolvemento da súa carreira profesional ofrecendo en moitos casos o primeiro contrato, xa que nesta segunda convocatoria será o primeiro emprego para case a metade dos beneficiarios.
Principia tamén busca estimular a demanda no sector público e privado de persoal preparado para proxectos de innovación que para as empresas suporá unha importante mellora de competitividade.
Esta iniciativa vai pola súa segunda edición e entre as convocatorias de 2016 e 2017 favorecerá a contratación de máis de 300 mozos e mozas por parte de máis dun centenar de empresas e unha vintena de organismos de investigación. Ademais, a Xunta leva destinados 3 millóns de euros a este programa, que mobilizará 8,3 millóns no sector para fomentar o emprego de calidade e contar, así, cun capital humano preparado que se converta no principal factor diferencial á hora de mellorar a capacidade innovadora do tecido empresarial galego.
Precisamente, na convocatoria deste ano, a Xunta quixo primar a calidade dos postos, polo que entre os requisitos á hora de valorar as solicitudes destacaron o salario, a posibilidade de formación ou o tipo do contrato. Deste xeito, conseguiuse que a metade dos contratos sexan indefinidos, que os custos medios por contrato, incluídos os custos laborais e os da seguridade social a cargo da empresa superen os 30.000 euros, e que o 93% dos contratados reciban formación á cargo da compañía.
Xunto co impulso á calidade na contratación, houbo outras novidades como unha maior flexibilidade nos requisitos que os contratados teñen que cumprir, así este ano poden optar a un posto de traballo os titulados en FP superior e non só os universitarios, mentres que a experiencia máxima ampliouse ata os 36 meses. l

As empresas galegas refórzanse apostando pola innovación e incorporando talento

Te puede interesar