A campaña extractiva de centola e boi abre hoxe en parte da costa galega

A campaña extractiva de centola e boi abre hoxe en parte da costa galega
La campaña de la centolla gallega durará hasta el próximo mes de junio javier alborés

A Consellería do Mar abre este domingo, día 8 de novembro, a campaña extractiva da centola e do boi na parte do litoral galego que vai dende Cabo Corrubedo ata A Guarda.

Así, a flota con porto base nesta zona que se dedica á extracción destas especies poderá calar os seus aparellos a partir das 10,00 horas e levar as especies á lonxa o luns.

A campaña, tal e como informou o departamento que dirixe Rosa Quintana, prolongarase ata o inicio da veda do ano 2016, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión.

RESTANTES ZONAS

No caso da parte que vai dende Cabo Corrubedo ata Cabo Estaca de Bares, na provincia da Coruña, a campaña empezará a partir do día 15 de novembro. Pola súa parte, dende Estaca de Bares ata o río Eo, a partir do 29.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, ao que se engadirán outros 35 por día por cada tripulante enrolado e a bordo.

Poderán participar todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade, así como aquelas que, tendo porto noutras rexións, teñan permisos especiais para faenar nestas augas.

A campaña extractiva de centola e boi abre hoxe en parte da costa galega

Te puede interesar