Vázquez, na procura do camiño para o Deportivo

O adestrador, con Bergantiños de fondo, durante unha sesión de traballo | patricia g. fraga
|

Fernando Vázquez é consciente de que a tempada é un longo camiño, non é carreira para velocistas senón para maratonianos. E é esa constancia, esa presión alta mantida no tempo e un andar firme o que quere achar o adestrador para un Deportivo que recibe mañá a visita do Racing de Ferrol.

Busca Vázquez ca súa escadra faga “un partido serio, e logo o resultado di se funciona ou non, o que non funciona e se non o expós. Imos tentar expor isto e a ver qué pasa co resultado, porque o resultado nestes momentos non é tan vital”, indicou.

“Teño que buscar camiño, neso estou, para levar ó equipo e que o equipo esté seguro do que o estamos a facer, e que ese camiño que escollemos, entre todos os que hai, nos prepare para xogar dezaseisavos, segunda fase, oitavos... Temos tempo e temos que pasar ese proceso e neso estamos”, aclarou.

 

Problemas de ritmo

Recoñeceu que, en certos momentos, o equipo estaba sufrindo problemas de fluidez no xogo, como se viu no último partido no Luis Ramos, con varios intres de falta de consistencia no xogo, sobre todo despois do primeiro cuarto de hora.

Por iso agarda porque “a nivel xeral o equipo sexa máis fluido, con máis enerxía. Non sei a razón. Non sei se foi a preparación, a pretempada un pouco rara que todo o mundo tivo.”, suliñou.

 

A ‘chispa’ perdida

Neste comezo de competición “ao equipo lle está costando levantar o vo. Rodar polo campo con máis fluidez. É o ritmo, a dinámica. As causas son múltiples, pero o efecto é que teño a sensación de que fóramos aínda un pouco pesados. Como si estiveramos aínda nunha marcha monótona e nos falta chispa”, argumentou.

Asimesmo, o seren preguntado Vázquez falou da súa pasada etapada como adestrador do Racing de Ferrol, entre os anos 91 e 94. “Cando eu cheguei estaban en Terceira. Para min mirábao como unha oportunidade para medrar como adestrador. Buscaba un pouco subir ao Racing e crecer como adestrador. Non foi o caso, porque me botaron e o segundo obxectivo non o conseguín, pero o primeiro, o deportivo, sí. O Racing foi a Segunda B facendo un fútbol extraordinario”, lembrou Vázquez.

Vázquez, na procura do camiño para o Deportivo