Vázquez: “Estamos para gañar, a marxe dos medios para conseguilo”

Unionistas vs Deportivo de la Coruna. Photo: Cesar Cebolla / ALFAQUI
|

Fernando Vázquez, que atendeu os medios a conclusión do encontro ante o Unionistas, destacou a importancia da victoria do equipo no Reina Sofía.

“Nestes momentos estamos para gañar, independientemente dos medios para conseguilo. Sacar puntos é importante a espera de que futbolistas e o desenrolo do equipo poida producir triunfos mais doados e aplastantes. Hoxe (por onte) víñamos a buscar un bo resultado a un campo difícil, rival máis acostumado (a superficie) cun entrenador intelixente”, comentou durante a súa intervención ante os periodistas desprazados a Salamanca.

O gol inicial

Asimesmo, o adestrador valorou co Depor púxose por diante no luminoso case o inicio, o que fixo algo máis doado o encontro, que se plantexaba coma moi compricado para os intereses dos branquiazuis.

“Adiantarte no marcador é sempre importante, tes moitas posibilidades de gañar o partido. Fixémolo moi o inicio do partido, nun terreo de xogo que sabiamos que nos ía costar moito”, declarou o de Castrofeito.

No tocante a lesión de Derik Osede, da que o clube informou nas súas canles de comunicación que sufría unhas molestias no tendón de Aquiles, non se mostrou moi optimista co que poidan revelar as probas médicas as que será sometido.

Preocuparo por Derik

“Ten mala pinta, non quero decir nada, pero non parece unha cousa fácil de arreglar”, indicou o técnico, que destacou a labor de Bergantiños e a súa polivalencia, xogando de central.

“Demostra intelixencia táctica, para cando ten ou non ten que saltar, sirve para todo. Se o necesitamos para barrer, tamén sería un bo barrendeiro. Fiabilidade absoluta para o que necesitemos, pero é preocupante que nunha semana caia toda unha línea defensiva, dous laterais e dous centrais importantes”, recoñeceu. E mostrouse ledo do paso adiante dalgúns xogadores. “Espero que os futbolistas destaquen por si sos, futbolistas a un nivel superior ca semana pasada, vou contento polo que vin en algúns”, aclarou.

Destacou a actuación de Valín, o debut de Héctor e a melloría de Borges e sobre as críticas iniciais dixo: “O equipo é o que afición quere que sexa, se a afición quere o equipo os xogadores son mellores. Non me importan os comentarios negativos, me gustaría que afección fixérame a mín caso e non a vós (periodistas)”.

Vázquez: “Estamos para gañar, a marxe dos medios para conseguilo”