Dobrete do Tri Arteixo en Madrid

Dobrete do Tri Arteixo en Madrid
Copia de Deporte Campeón-2015-05-11-029-3f114df4

O galego Uxío Abuín (Tri Arteixo) logrou onte a vitoria na Copa de Europa de Madrid, nunha boa xornada para as e os deportistas galegos. A viguesa Susana Rodríguez logrou o ouro na Madrid ITU World Paratriathlon. O aspecto negativo chegou da man de Antonio Serrat e Melina Alonso: Ambos con problemas estomacais non puideron competir polo triunfo.
Na elite masculina os galegos estiveron sempre competindo nos primeiros postos. A proba decidiuse na carreira a pe, despois de que chegase á T2 un grupo moi numero de case 40 deportistas, no que se atopaban todos os galegos (Uxío Abuín, Pablo Dapena, Diego Paz, Ricardo Hernández, Antonio Serrat e o mexicano César Saracho –con licenza galega- e o venezolano Luismi Velázquez –tamén con licenza galega-).
A pesar de ter gastroenterite Antonio Serrat decidiu saír a competir e estivo entre os primeiros ata que chegou o terceiro sector. Cando comezou a carreira a pe, deuse conta de que non tiña forzas, polo que se retirou. Así, estes dez quilómetros todo tiña que decidirse e nos metros finais Uxío Abuín (1h.55:40) logrou impoñerse ao seu compañeiro César Saracho, do Tri Arteixo (1h.55:43). Ademais, Ricardo Hernández (do Grupo de Alto Rendemento do CGTD) foi 13º cun tempo de 1h.57:54 e Pablo Dapena, 14º (1h.57:59). Todos eles lograron puntos para o ránking mundial, ao entrar entre os vinte primeiros da clasificación. Ademais, Diego Paz foi 23º e Luismi Velázquez, 26º.
En elite feminina, Melina Alonso (Ferrol) non puido saír a competir por culpa dunha gastroenterite. Así, a representación do tríatlon galego quedou reducido a Joselyn Brea (venezolana con ficha galega, que está a adestrar en Pontevedra), quen fixo un gran traballo. Perdeu moito tempo na natación, pero logrou remontar moitas posicións na carreira a pe, ata chegar a meta no 19º posto (2:17:10), de forma que logrou sumar puntos para o ránking mundial, por vez primeira na súa carreira deportiva.
Por outro lado, Susana xunto a Mayalen foron as primeiras en meta cun tempo de 1h.23:12, o segundo posto foi para Joleen Chopper.

Dobrete do Tri Arteixo en Madrid

Te puede interesar