Medio Rural aposta pola unión do sector para impulsar o éxito do lácteo galego

Medio Rural aposta pola unión do sector  para impulsar o éxito do lácteo galego
GRAF2982. GIRONA, 07/08/2018.- Después de casi tres décadas, la leche cruda, la acabada de ordeñar y que el ganadero vende directamente al consumidor final, regresa al mercado gracias a un decreto de la Generalitat, aunque los diferen

A unión do sector lácteo como factor diferencial de calidade. É unha das apostas principais coas que o novo conselleiro do Medio Rural, José González, parte a súa traxectoria á fronte do departamento autonómico. Deste xeito, pretende que dende os pastos ata o estante comercial, pasando polas explotacións gandeiras e as industrias transformadoras, o sector leiteiro logre unha alianza básica para impulsar o seu éxito.
Para iso, o novo responsable do Medio Rural da Xunta comezou a súa andaina con diversas reunións, visitas e encontros con representantes de varias das partes que conforman o lácteo galego, como a Federación Frisona Galega, as catro asociacións provinciais de control leiteiro (Africores), Agromacén (colectivo de gandeiros do macizo central ourensán), Agaca (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias), representantes de servizos de asesoramento a labregos e agricultores ou as explotacións e planta de Leche Celta, en Mesía e Pontedeume (A Coruña). 

Subida acumulada do 6%
En todos estes encontros, José González fixo fincapé na unión dentro do sector lácteo, que considera como “a mellor fórmula para garantir o seu éxito”. Este logro obsérvase xa nalgúns dos datos oficiais do sector leiteiro galego. Así, dende Medio Rural recordan que a produción de leite medrou un 2,6% entre o mes de agosto de 2017 e o mesmo periodo deste ano, o que fai que o incremento acumulado nos dous últimos anos chege ata o 6%. De feito, segundo os últimos datos oficiais, a produción de leite na comunidade colocouse en agosto nas 230.000 toneladas.
Ao respecto, o conselleiro puxo en valor a estabilidade na que vive agora o sector e que se reflicte tanto no mantemento dos prezos como nese progresivo incremento da produción. Ademais, González fixo fincapé en que Galicia segue sendo líder estatal tanto en número de gandeiros como en produción leiteira e destacou que o leite galego é recoñecible pola súa calidade e polo prestixio entre os consumidores, tanto dos galegos como os de fóra das fronteiras autonómicas. 
En relación con esta calidade do leite, durante a súa participación na presentación da campaña comercial de Leche Celta Pastoreo, que leva o selo de Galega 100%, o conselleiro volveu remarcar a importancia da unión de todo o sector de cara a constituír unha cadea que garanta a orixe e a trazabilidade do leite. 
“Podemos falar case de excelencia debidamente certificada”, asegurou o titular de Medio Rural ao respecto do leite de Galicia con marca de calidade, na que ademais conflúen os valores de correcta rastrexabilidade, sustentabilidade e máximo esmero na produción “desde a vaca ata o consumidor”, segundo sinalou González.
Con esta base, comprometeuse a que Medio Rural seguirá a fomentar esa calidade a través dunha “filosofía que impregne toda a cadea de valor”.

Medio Rural aposta pola unión do sector para impulsar o éxito do lácteo galego

Te puede interesar