Deportistas de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal, na Coruña

As series de natación en todas as categorías abrirán a competición javier alborés

 O vindeiro sábado celebrarse a primeira edición do Trofeo Nadal de Péntatlon Moderno da cidade da Coruña. Unha cita na que non faltarán destacados deportistas como os galegos Cristóbal Rodríguez e Aroa Freije.
Onte tivo lugar o acto de presentación do torneo coa participación de Francisco Villanueva González (directivo da Fegatri e responsable de Péntatlon Moderno), Ruth Ballesteros Canel (técnica) e Manuel Lugrís Rodríguez (presidente do Club do Mar de San Amaro). No devandito acto explicouse que é a primeira edición deste torneo e ademais a primeira proba de péntatlon moderno que se celebrará na cidade herculina.
No trofeo participarán deportistas de Galicia, Asturias, Cantabria e a selección do norte de Portugal.
Entre as figuras más salientables estarán o actual campión de España absoluto, o galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo; a campioa de Europa de categoría cadete, a tamén galega Aroa Freije; a medallista de ouro nos Xogos Olímpicos da Xuventude deste ano, a portuguesa, María Migueis; o campión xuvenil portugués Daniel Lopes.
A proba comezará ás nove da mañá coas series de natación en todas as categorías (dende benxamín a absoluta) nas instalacións do Club do Mar, para a continuación celebrarse a combinada (carreira e tiro).
Pola tarde, disputarase a especialidade de esgrima. Ademais, tamén se celebrará unha proba de Nada e Corre para deportistas locais.

Deportistas de Galicia, Asturias, Cantabria e Portugal, na Coruña

Te puede interesar