A primeira industria arteixá, asolagada en Sabón

A primeira industria arteixá, asolagada en Sabón

Historias de aldeas desaparecidas, bágoas e vellos recordos que medio século despois saen a luz. Como aquela de que os muíños que se impoñían nos arredores de Sabón, “a industria máis antiga” de Arteixo terminou asolagada por un encoro creado aos pés dun dos polígonos máis importantes da Coruña e a súa área.
Os muíños encontrábanse nas comportas do encoro do Roxadoiro con tres matrimonios que vivían alí. Poucos recordan aquelo. Un relato que narra unha señora que rememora a súa infancia nestes lares e coa que falou Xabier Maceiras. 
O arteixán acaba de escribir un libro sobre as expropiacións dos anos 60 que se fixeron para construír un polígono que cimpre cincuenta anos. Aínda non publicou o seu traballo porque quere que vaia acompañado por un CD documental que está a elaborar xunto con Xosé Antón Bocixa. Un documento gráfico no que moitos veciños sinalan onde estaban as súas terras e o que se construíu despois de que os botaran de alí.
A cousa vai despaciño porque as gravacións as van facendo os días libres de Bociña. Non obstante, teñen un bo número de recordos atesourados.
Cámara en man queren falar con “dúas ou tres persoas das zonas afectadas para que nos conten que supuxo a expropiación e como afectou a industria” a un lugar onde as casas e as leiras mudaron en chemineas e naves por doquier.
“Nada máis comezar a falar cunha señora, púxose a chorar porque tiña cen ferrados de terra e quitáronllos por nada”, lamenta Maceiras. Eran outros tempos, explica, e boa parte das ocupacións fixéronse durante o franquismo. “Calquera dicía nada”, expón. Aínda que non todas foron nesta época, por exemplo nas Grovas, “foi distinto porque fi ao principio da democracia”.
Quizais sexa ese o motivo, que as expropiacións foron durante a ditadura que ata o de agora “nunca se falou” de como ocorreu todo e como viviron os afectados o feito de ter que marchar das súas casas. 

Curiosidades
Entre tanto recordo, o anecdotario crece por si só. “Hai un señor, Manuel Rodríguez de Oseiro e é o primeiro nome que aparece nas expropiacións o 26 de xaneiro de 1966”.
Ata aí todo normal. Este veciño natural do Rañal, cando era mozo ía traballar as leiras dos seus pais. Casou en Oseiro e traballaba nun taller de escaiola na Coruña. “Ao carón dese negocio había un taller téxtil dun tal Antonio e Amancio na rúa Noia que montaron despois a súa industria nas leiras que el traballaba” e voltas que da a vida. Por caprichos do destino, a súa filla “está casada cun empregado” de Inditex. 
Onde se levanta a antiga embotellado ra de Schweppes estaba a aldea da Pedreira, cunhas vinte casas que desapareceu. O mesmo aconteceu onde está o muíño do emporio téxtil, onde xa non queda nin resto das oitenta ou noventa vivendas.
Aínda que non se sabe cantos veciños se viron afectados, a documentación consultada por Maceiras revela que ocupáronse 1.500 fincas rústicas propiedade das familias que vivían nas distintas aldeas.

A primeira industria arteixá, asolagada en Sabón

Te puede interesar