Un paseo literario percorre a historia mariñeira da cidade das mans de Xurxo Souto e a súa novela

Un paseo literario percorre a historia mariñeira da cidade das mans de Xurxo Souto e a súa novela
Xurxo Souto, durante un momento do paseo literario no Parrote

Co berro “Medre o mar!” como bandeira de guerra comezaba o polifacético Xurxo Souto un paseo pola cidade para amosar os seus recunchos máis literarios e con tradición marítima, seguindo como fío condutor o seu último libro “A Gran Travesía de Chiruca Macallás”.
Comezando nos xardíns de San Carlos para finalizar en San Amaro, previo paso pola Cidade Vella, O Parrote ou a praza do Humor, Souto foi narrando “a historía marítima” da cidade “que aos terrícolas non nos ensinan”.


Máis de medio centenar de personas seguían polas rúas coruñesas as historias que narraba Souto, ante a mirada do resto de transeúntes, algúns dos cales incluso se uniron.
A narración de Souto sobre a tradición mariñeira versou sobre a relación entre Vigo e A Coruña como unha mesma cidade, “o que se dicía antes era que A Coruña e Vigo estaban máis preto da Habana que de Madrid”. Esa relación de Galicia con Cuba que tivo como maior representación a Curros Enríquez, “que se coroaría como poeta no que agora é o teatro Rosalía, antes Principal”. Contaba polo tanto Souto dende o Parrote a historia da emigración coruñesa, “aquela que dende os barcos cantaban aquilo de “aí vos quedades, aí vos quedades, entre curas, frades e militares””.


A historia mariñeira da cidade seguía tamén con detalles vívidos “que practicamente todos vivimos, como esa experiencia das cidades do mar durante algunha noite de bohemia”, na que ao voltar a casa “ó unico que se escoita é o mar”. Un mar que di, tal é como conta Souto, “Orzán, unha palabra máxica, que comeza cun O redondo como a propia baía, colle velocidade coa R e por fin finaliza con ese Z fricativo e ese A acentuado”.
Unha viaxe sen fin
Souto é quen de contar e contar durante horas historias varias da cidade e, coma onte, da súa orixe e tradición mariñeira.
Mais tamén tivo tempo para contar outros pequenos detalles como a remodelación de Rego de Agua para ampliar a rúa.
A ruta que planteou Souto non só repasaba as figuras literarias e as súas anécdotas na cidade, senón que aproveitou o paseo para contar o pasado dos coruñeses e a súa relación co mar, como o barrio da Pescadería en sí ou as cesterías que había pola cidade.
Xa en Montealto, Souto lembrou un conto, incluido no seu libro, no que fala do “polaco”, un home de San Amaro “que saía ás barbadas e as pescaba con asubíos”.
Dende Monte Alto a ruta dirixiuse cara a San Amaro ond Souto contaría a nomenclatura coa que se coñecía, e moitas todavía se coñecen, os diferentes recunchos da costa coruñesa, así como ensinar os nomes das costas escocesas que contan con nomes galegos.
Este foi o último paseo literario da tempada de primavera. l

Un paseo literario percorre a historia mariñeira da cidade das mans de Xurxo Souto e a súa novela

Te puede interesar