A orixe literaria da “Coruña” gaña forza

A orixe literaria da “Coruña” gaña forza
El Ideal Gallego-2017-01-10-036-84e5a387-p

O profesor da Universidade de Vigo, Gonzalo Navaza, vén de publicar un estudo na “Revista Galega de Filoloxía”, editada pola Universade, no que defende a orixe literaria da Coruña. 
O experto conta que “ata o século XII e primeiros anos do XIII, o seu nome era Faro”, pero en 1208, 300 anos despois da publicación de “Historia Turpini”, o libro IV do “Códice Calixtino”, Afonso IX tomou o nome de “Crunia” deste volume. Nese ano, emitiu tres documentos de concesión de foros nos que confirmou a nova designación, dous deles consérvanse. O terceiro que tiña como destino A Coruña perdeuse. Nese supostamente é onde se explica a razón pola que o monarca optou polo troco como se fixo con Baiona, pero todo queda en especulacións que levaron a Gonzalo a pensar que o atopou nese libro e que creu que estaba vacante, cando a súa raíz verdadeira é Cauria, un topónimo que se foi deformando e deu lugar á Curia cacereña. 
No caso de “Crunia”, o substantivo non volve aparecer en escena até 70 anos máis tarde como “Curunia”, por iso de marcar unha diferenza co pasado do que non estaban moi orgullosos ao vangloriar a Carlomagno: “O problema é de onde procede porque había xente que pensaba que era prehistórico”. El desbanca todas esas teorías e alude a unha derivación de Cauria, sobre a que se tiña interese nos tempos de Carlomagno: “Todo o ‘Códice Calixtino’ está ao servizo da gloria de Santiago”. O escritor explica que o de Crunia non é unha excepción na historia aínda que non existen demasiados casos nos que os topónimos son literarios. 
Gonzalo indica que están os de California e Amazonas e que a finais do século XIII, derivou a Curunia porque tampouco “estaban contentos do que fixo Afonso IX”. Do que está seguro Navaza é que foi posto intencionamente e de que fala das pretensións de Galicia. Tamén de que, en realidade, responde a un lugar que ata ese momento non existía. 
Engade que ao pai de Afonso IX, Fernando II, deulle por cambiar o topónimo a 39 sitios documentados polo especialista e aínda que moitas veces as variacións eran mínimas porque engadía un Vilanova ou un Vilaboa, en ocasións como en Sarria non se materializaban os seus caprichos. 
Do erro cometido ao pasar Cauria como Crunia, Gonzalo sinala que é facil que se produzan ese tipo de erros pola tradición manuscrista da época. Pode afirmarse por tanto, segundo o que é académico correspondente da RAG, que “o nome da Coruña, coma o Pórtico da Gloria é unha creación da arte románica galega”. Dos tempos de esplendor. n

A orixe literaria da “Coruña” gaña forza

Te puede interesar