Vázquez pide máis ledicia

Vázquez pide máis ledicia
Vázquez, seguindo o encontro dende a grada do estadio de Riazor | quintana

Dez puntos de doce posibles leva o Deportivo, mais Fernando Vázquez analiza trala victoria ante o Coruxo as sensacións que lle transmite o equipo, o que por veces ve moi presionado durante os duelos.

“Nótase, paréceme a mín, que xogamos con demasiada presión. O equipo para mín está demasiado tenso, cóstalle soltarse e é posible que ese factor de que se vexan que gañan partidos lles faga soltarse un pouco. Algo de fluidez, soltura, de alegría no fútbol sí que nos fai falla, que desfruten máis xogando o fútbol. Estamos, ou a lo menos teño a sensación, coma se tivéramos unha lousa que nos pesa en exceso e por aí poden ser un punto de explicación”, indicou.

Miras altas
E é que o adestrador é sabedor que as expectativas no equipo son moi altas e estar invictos e líderes pode non ser suficiente para o esperado polo entorno.

“Somos o Deortivo e as expectativas están postas como están postas e cando as expectativas son grandes, porque son grandes, o equipo sempre se lle pide máis e ninguén se conforma. Nin sequera con gañar, senón que hai que ter xogo fluido, xogo posicional correcto, etc, como estou vendo nas preguntas”, comentou en alusión as cuestións feitas polos periodistas na rolda de prensa, que non foi presencial.

Aspectos a mellorar
Vázquez admitiu que falta “capacidade para impoñernos coa pelota, iso está claro” e desgranou algúns aspectos a destacar tralo encontro ante o equipo que adestra Míchel Alonso. “No partido non tivemos excesivos problemas, evidentemente porque controlamos perfectamente a faceta defensiva. Pero o que sí que está claro é que nos falta ritmo e un pouco máis de calidade nas combinacións para poder crear perigo e máis penetración para impoñer un pouco o noso peso. No primeiro tempo estivemos moi espesos, o que me fai a mín tamén pensar a nivel estratéxico como debemos xogar e afrontar a partir de agora os partidos”, argumentou. Sobre o troco de Valín e a entrada de Granero no centro de zaga declarou que fora por cuestións tácticas, o cartón que tiña o xogador e o cansanzo que lle notaba. Sobre os trocos dixo ser adestrador de non mudar e darlle tempo os xogadores para analizar o que lle podía dar cada un.

Marxe nos trocos
“Non son un adestrador que empeza e rápidamente senta os futbolistas por que non lle convencen. Os futbolistas teñen que ter certa confianza, doulle certos partidos e a partires de aí teño unha valoración mais exacta do que me pode dar cada quen”, recoñeceu.

Con esta información recopilada durante estas semanas indicou que tiña a chave para saber se era ou non mester facer nalgún momento facer trocod de homes ou de esquema de xogo. “A partir do partido de hoxe (por onte) ou dentro dun partido ou así sería o momento de tomar unha decisión, se é o momento de cambiar ou non, pero é parte do meu traballo”, aclarou o míster.

Problemas na creación
Vázquez non deu nomes pero o seren preguntado polo xogo por dentro admitiu que o equipo precisaba ser capaz de dominar para poder servir xogo, por exemplo, cara as bandas.

“Está claro que se eres incapaz de dominar dentro do terreo de xogo é moi difícil ser fluidos por fóra, iso está claro. Estanos costando, en xeral, ter unha soltura coa pelota que non a estamos a ter, iso é verdade”, aclarou Vázquez, que pensa que a maior fluidez e ledicia no xogo fará o equipo imporse co balón.

Vázquez pide máis ledicia

Te puede interesar