Galicia xa é a comunidade que figura á cabeza do financiamento da investigación universitaria

Galicia xa é a comunidade que figura á cabeza do financiamento da investigación universitaria
GRA066. TOÉN (OURENSE), 09/09/2013.- El conselleiro de Educación y Cultura, Xesús Vázquez Abad (d), observa la pieza de un retablo durante la visita que ha realizado hoy a la iglesia de San Pedro de Moreiras, donde este departa

Galicia é a única comunidade que neste ano incorpora dúas novas accións exclusivas que van a supoñer un importante salto de calidade nas liñas de investigación prioritarias. Con estes dous novos programas, de retención de talentos e de centros investigadores singulares, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria completa o círculo de apoios ás grandes liñas de investigación.
As dúas novas iniciativas son o Programa de Centros de Investigación Singulares e o Programa de Retención e Captación de Talento, o primeiro deles cun investimento de 2.800.000 euros nos oito centros de investigación universitarios galegos, para desenvolver e fortalecer as capacidades estratéxicas de investigación fundamental para Galicia en áreas punteiras como a Investigación de Tecnoloxías da Información en Biomedicina en Ciencias Mariñas ou en Investigación  Agroalimentaria.
O segundo está pensado para captar e reter en Galicia a investigadores con curriculum excelente e altamente competitivo. As axudas para este programa faranse públicas coa súa convocatoria en 2014. Trátase de contar coun instrumento que permita, por un lado, reter os investigadores do Sistema Galego de I+D+i e por outro atraer a Galicia a todos os que sexan precisos para  reforzar as liñas de investigación estratéxicas para Galicia.
Co establecemento neste 2013 do Programa para o financiamento de Centros de Investigación singulares e do Programa de Retención e Captación de Talento tratase de desenvolver mecanismos de incentivos para potenciar nas universidades as unidades de investigación de excelencia e os ámbitos de coñecemento máis competitivo.

Galicia xa é a comunidade que figura á cabeza do financiamento da investigación universitaria

Te puede interesar