A terceira Semua encherá a cidade de músicas do audiovisual desde o 21 ata o 26 de outubro

A terceira Semua encherá a cidade de músicas do audiovisual desde o 21 ata o 26 de outubro
15 septiembre 2018 A Coruña.- La OSG cierra con un concierto público las clases magistrales de Dima Slobodeniouk En el concierto se escuchó a Mozart y Beethoven

A terceira edición da Semua (Semana das Músicas Audiovisuais) traerá melodías que proveñen da imaxe dende o 21 ata o 26 de outubro. O festival singular está dirixido por Nani García e organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, da Orquesta Sinfónica de Galicia e da Banda Municipal de Música da Coruña, para dar protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais, difundindo as mellores composicións en cada xénero e ampliando a formación de profesionais e persoas interesadas en eidos como composición, produción e interpretación dun tipo de música que todo o mundo escoita, pero que non sempre consegue a atención directa do ouvinte.
A semana adicará este ano unha especial atención á figura de José Nieto, un referente como compositor que conta con máis de cen partituras para cine e tv e que traballou cos máis prestixiosos cineastas españois, como Manuel Gutiérrez Aragón, Vicente Aranda, Imanol Uribe ou Javier Villaverde, entre outros. 
A Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixida por Andrés Valero-Castells, ofrecerá un gran concerto no teatro Colón de A Coruña o venres 26 no que interpretará algunhas das principais partituras de José Nieto así como temas de compositores galegos de renome como Xavi Font, Sergio Moure, Manu Conde, Manu Riveiro ou o propio Nani García. As entradas custan dez euros e están á venda en Ticketea. 
Como novidade, nesta terceira edición da Semua abrirase a programación o 21 cun concerto didáctico para público familiar conducido pola Banda Municipal de Música no teatro Colón, no que se interpretarán temas orientados a público infantil. Este mesmo concertó repetirase dous días máis para escolares de diferentes centros educativos.
Outra pata fundamental da Semana das Músicas do Audiovisual será o obradoiro sobre A Lei de Propiedade Intelectual na contorna dixital actual que impartirá Darío Palomo e as masterclass sobre “A Composición Musical para Videoxogos”, de Vicent Tobar, “Plantillas na composición para audiovisual”, de Vanessa Garde e “A Guitarra no Film Scoring”, de Lucas Suárez. A maioría das formacións son gratuitas, previa reserva de praza. Pódese consultar toda a información na páxina web da Academia. Asimesmo, o CGAI acollerá dentro da programación da III Semua as primeiras proxeccións do ciclo A Ilusión é perfecta, dúas películas con banda sonora de José Nieto, “A Aldea Maldita” e “Finisterre”, que serán comentadas polo seu autor. l

A terceira Semua encherá a cidade de músicas do audiovisual desde o 21 ata o 26 de outubro

Te puede interesar