Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

O teatro Colón collerá o barco esta noite no espectáculo “Galizien Amerika linie”

0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos

O teatro Colón colle ás dez da noite o barco. Para irse até principios do século XX cando Galicia marchou en masa non moi lonxe dese escenario. Nun peirao que viu a 72.000 almas emigraren cunha maleta ríxida na man e un drama na outra. Xacarandaina chega a súa cidade co espectáculo “Galizien Amerika linie”, como unha especie de tributo aos que se foron. Unha segunda Galicia instalada na outra beira do Atlántico que foi quen de facer sólido un proxecto de país a miles de kilómetros de distancia.

O seu creador Quique Peón fala de que os cartos que eles mandaron desde o exilio propiciaron a creación de confrarías e asociacións agrícolas. Ademais de escolas. Eles estarán hoxe representados no folclore “que vai directo ás entrañas” e emociona.

Aínda así, Peón sinala que o sentimento que xera a montaxe non encollerá á butaca, senón que fará que sexa máis grande e multiplique o seu orgullo de ser galego para desembocar nunha última parte envolta con papel de regalo. Nela comezarán a pasar imaxes dos verdadeiros protagonistas. Fotos que foron cedidas para a ocasión polo Consello da Cultura Galega e o CGAI xunto ás propias que foron gardando os artistas dos seus.

“Galizien Amerika linie” xurdiu dunha viaxe do bailarín a Bos Aires hai anos. Foi alí onde Quique Peón se decatou do amor que profesan os arxentinos aos galegos. Por iso, maquinou un tributo en movemento e artellou un espectáculo redondo no que fará desfilar esta noite parte do repertorio que Xacarandaina recolleu dos máis vellos. Para facer unha escolla das pezas que tocan máis á patata. Cancións que lle poñían banda sonora aos labores do campo xunto a danzas e bailes daquela época. Da que non pasou tanto tempo.

É máis, Quique fala de que a creación ten moito do actual coa diferenza de que hoxe non se colle o barco pero si o avión. E os galegos están máis identificados con aqueles que non tiveron outra. E deixaron todo atrás. O vestiario vai acorde cos inicios do século XX pero retrocede aínda máis por momentos no reloxo para constatar que Galicia presume de ser pobo emigrante desde moito antes. Para chegar directo ao que esas persoas sentían no instante en que deixaban de apoiar os pés no seu.

Xacarandaina encargarase a golpe de danzas de darlle á viaxe con sorpresa os condimentos necesarios para crear esa emoción no espectador. E que retorne á casa coa sensación de saber a súa identidade. Nun mundo que tende a perder as coordenadas entre tanta rede social.

0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara