O Concello oferta espazos amables co galego na súa oferta de outono

O Concello oferta espazos amables co galego na súa oferta de outono
O alcalde, Xulio Ferreiro, durante a presentación da programación de outono | patricia g. fraga

“Na Coruña lévase demostrado nos dous últimos anos e medio que hai unha relación moi amable co galego”, apuntou o alcalde, Xulio Ferreiro, que considera que o seu Gobierno está desmontando certos mitos ao respecto, aínda que os datos sinalan que o número de falantes en galego é escaso. Por iso o servizo municial de Lingua ofrece para este outono un programa gratuíto que crea espazos “amables” para falar galego.


O programa inclúe as propostas ​Apego, Falamos, AgoraSon e os ​Paseos pola Coruña Literaria. Apego ofrece obradoiros de nanas e o espectáculo Brinca Vai, para o que xa se esgotaron as súas 500 entradas. Pero aínda se pode asistir a outras actuacións. Os interesados poden apuntarse en www.apego.gal.


Falamos é un programa de dinamización cultural para alumnos de Educación Primaria e Secundaria. AgorasSon organízase en colaboración coa rede de bibliotecas municipais para promocionar a lectura en galego e os paseos pola Coruña Literaria ofrecen a posibilidade de percorrer a cidade para coñecer a obra de autores galegos como Agustín Fernández Paz ou Xabier P. DoCampo.


Pero o rexidor lembrou que o instrumento vital para a normalización lingüística é a educación, que depende do Goberno autonómico. “Nos últimos anos non hubo na Xunta a intención de revertir a perda de falantes”, lamentouse Xulio Ferreiro.

O Concello oferta espazos amables co galego na súa oferta de outono

Te puede interesar