María Barral | “Estou decidida a postularme como candidata en 2019, pero a última palabra tena a Agrupación Socialista”

María Barral | “Estou decidida 
a postularme como candidata en 2019, pero a última palabra tena a Agrupación Socialista”
María Barral, no emblemático palco da música modernista de Betanzos | Pedro Puig

O 6 de agosto de 2018 pasará á historia e ós rexistros municipais como a data da elección da primeira alcaldesa socialista de Betanzos. Mentres media comarca conmemoraba a Festividade de San Salvador, a corporación betanceira celebraba a sesión extraordinaria na que María Barral Varela saía elixida rexedora en substitución do seu compañeiro Ramón García Vázquez, de quen a nova mandataria asume as maneiras, o carácter conciliador, a mesura e a sinxeleza, consciente da escasa marxe de manobra da que dispón a só dez meses da próxima cita coas urnas, na primavera de 2019.
Catorce horas despois do seu nomeamento, Barral recibe a El Ideal Gallego no Liceo. O despacho que ocupa na primeira planta é o mesmo que o dos seus antecesores e non mudou nada desde a primeira investidura de García, o 11 de xuño de 2011. Mobles discretos e paredes claras decoradas con cadros de distintas medidas e estilos e un enorme mapa de Betanzos. Cando comeza esta entrevista acaba de colgar co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

Como é ese primeiro día como alcaldesa de Betanzos?
Intenso. Atendendo chamadas e mensaxes, asimilando como transcorreu o acto de investidura e decatándome de que son moitas as presenzas que teño que agradecer, aos meus compañeiros de partido, á xente de Betanzos...

Esperaba semellante “acollida” por parte do PSdeG?
Sabía da presenza dalgún cargo, pero non esperaba a asistencia de tantos compañeiros e compañeiras, de alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras, senadores, diputados e diputadas, dos secretarios xeral e provincial do PSdeG... Estou enormemente agradecida porque, ademais do seu apoio, amosáronme a súa disposición a escoitar as demandas que cheguen desde Betanzos.

Pese á debilidade de Pedro Sánchez, acudirá de inmediato a Madrid para insistir en solicitar actuacións para Betanzos?
Por suposto, e además convencida de que me van a escoitar, de que contaremos co apoio do Goberno de Pedro Sánchez.

Hai algunha novidade respecto á solicitude de colaboración para os actos do octavo centenario do cambio de emprazamento do municipio de Tiobre a Untia?
Despois do cambio de Goberno en Madrid, o anterior alcalde púxose en contacto cos novos cargos ministeriais e, se ben estamos á espera de resposta institucional, das conversas con deputados e senadores despréndese que poderemos contar con Madrid para o 800 aniversario de Betanzos.

Cando García Vázquez lle comunica a súa decisión e o seu desexo de que sexa vostede quen se postule para o cargo, responde de maneira inmediata ou medita uns días antes de aceptar o reto de aspirar a converterse na primera alcaldesa socialista de Betanzos?
Tíveno claro desde o primeiro momento porque aínda que implica cambios vitais, sobre todo na miña situación laboral –deixar o ensino, que me apaixona e o contacto cos máis novos– eu entrei en política por convicción e era unha oportunidade que non poida rexeitar... E aquí estou, disposta a traballar duro, a entregarme en corpo e alma a Betanzos.

Tanto a aposta de García como a súa decisión evidencian que será vostede a candidata do PSOE.
Para iso haberá que esperar, pois é unha decisión que non depende só de min, senón da Agrupación Socialista de Betanzos...

Pero vostede vaise postular para encabezar a candidatura do PSOE.
En principio si, pero a última palabra terana os meus compañeiros do PSOE de Betanzos.

Do seu discurso desprendíase que ía continuar coas súas áreas, tanto con Servizos Sociais como con Cultura. Pero houbo outros cambios no Goberno de Betanzos...
No discurso incidín en ambas áreas porque considero que son capitais, pero era necesaria unha reestruturación para xestionar con solvencia estes dez meses que restan ata os comicios de 2019.

Tamén sinalou proxectos en proceso “primordiais”.
Vitais. Uns máis lucidos e outros menos lucidos, como as melloras previstas na planta de tratamento de aguas, pero imprescindible para garantir o suministro de auga para todo Betanzos.

Máis “vistosa” é a recuperación do Parque do Pasatempo. Que prazos manexan para iniciar as obras na Horta de Don Juan?
Non manexamos prazos para o inicio das obras, pero si para subscribir o convenio coa Deputación da Coruña. Acordamos con González Formoso que sexa o antes posible, en canto rematen as celebracións do San Roque.

E os contactos coa Xunta?
Está elaborando o proxecto ao mesmo tempo que continua coa tramitación da declaración como BIC (Ben de Interese Cultural). Sabemos que está moi avanzado, polo que nos transmiten da Consellería de Cultura, o departamento de Román Rodríguez.

Existe algún proxecto que vostede considere necesario e non estea iniciado ou ao que lle gustaría que levara o sinal de María Barral?
Son consciente de que son dez meses os que restan de mandato e que non hai marxe para grandes proxectos que non estean iniciados, pero tentarei seguir realizando melloras, e por suposto, nestes meses executaránse acordos plenarios que se foron retrasando por distintos motivos, e pelexarei por un centro de día e por un Centro de Información á Muller (CIM).

O CIM comarcal está en Coirós...
Eu non teño nada contra Coirós, pero debería estar en Betanzos, porque é cabeceira comarcal, e esa será a miña reivindicación, independentemente de Coirós.

Despois está o 800 aniversario do traslado de Tiobre a Untia. Uns actos para os que vostede sempre reivindicou consenso e unidade da corporación de Betanzos.
En tanto se desenvolverán durante un ano e serán dúas as corporacións que deban xestionar esa programación, considero que debe ser un proxecto no que deben estar o 100% dos betanceiros, independentemente da súa ideoloxía, a través dos seus representantes políticos, pero tamén das asociacións, de expertos... De aí que se constituise a Comisión do 800 Aniversario de Betanzos.

Un dos emblemas da cidade é o seu casco histórico e a el tamén aludiu na súa intervención do pasado día 6. Que actuacións prevé para este entorno aquí a 2019?
Ademais do plan que desenvolve a Xunta no casco histórico mediante a adquisición de vivendas, que a nós nos parece un modelo idóneo para revertir a situación actual e dar exemplo, desde o Concello apostamos por actuar nas distintas rúas e por acondicionar os inmobles de propiedade municipal, como o mercado, o conservatorio ou a escola infantil de San Francisco. Estamos moi agradecidos á Xunta porque este programa só se aplicou en catro concellos e un deles é Betanzos. De aí o constante recoñecemento de Ramón García a Ethel Vázquez, e de aí a nosa colaboración e implicación nas campañas empredidas por Vivenda para dar a coñecer o RexUrbe.

Teñen constancia de que unha das vivendas é a Casa Gótica?
Neste momento, sabemos que é unha das casas ofrecidas á Xunta.

Entra nos seus plans tentar quepase a ser do Concello de Betanzos?
Se é posible, tentarémolo, pero o noso principal obxectivo é que volva ao seu estado orixinal e a ser emblema de Betanzos. Porque levamos traballado moito para darlle unha solución e esta podería ser a saída... Pero insisto, o importante non é o destino, senón a recuperación da Casa Gótica.

Encomiou á oposición pese a non apoiar a súa candidatura á Alcaldía de Betanzos. Tendo en conta que o PSOE está en minoría, como cre que será a actitude de aquí a 2019?
Como oposición que son desenvolven o se papel, pero non por iso deixaron de apoiar acordos importantes para Betanzos. Tamén é certo que entramos en periodo preelectoral, que sempre son meses máis convulsos... Pero non espero faltas de respeto. l

María Barral | “Estou decidida a postularme como candidata en 2019, pero a última palabra tena a Agrupación Socialista”

Te puede interesar