A Xunta amplía a alerta laranxa por temporal costeiro á provincia de Pontevedra

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior ampliou a alerta por temporal costeiro de nivel laranxa á provincia de Pontevedra a partir da tarde deste domingo. Tamén permanece o aviso activado no sueste de A Coruña.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta tarde, espera mar combinado do oeste, con ondas de ata seis metros na provincia de Pontevedra. Ademais, no sueste de A Coruña haberá mar combinado do oeste-sueste, coas que poderán chegar aos sete metros de altura.

No noroeste e oeste da provincia de A Coruña, a Aemet actualiza o fenómeno meteorolóxico adverso por mar combinado tamén do oeste-sueste, coas de cinco a seis metros, que poderán aumentar ata os sete.

Ademais, a Axencia Estatal de Meteoroloxía dá por finalizado o aviso laranxa na costa de Lugo.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación os municipios das provincias afectadas, ás deputacións e servizos de emerxencias.
 

A Xunta amplía a alerta laranxa por temporal costeiro á provincia de Pontevedra

Te puede interesar