Rexistran o Concello de Pol por orde do Xulgado de Pilar de Lara

GRA114. LUGO, 21/11/2014.- La magistrada Pilar de Lara, titular del juzgado de instrucción número uno de Lugo, ha encabezado un registro que se continúa efectuando en este momento en la Diputación Provincial y que se produce tr
|

O Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, que dirixe Pilar de Lara, ordenou un rexistro no Concello de Pol, que comezou esta mesma mañá, nunha investigación aberta para determinar se puideron cometerse por parte do goberno local contratacións irregulares de traballadores, así como delitos de prevaricación en materia de urbanismo.

Esta investigación, que non está relacionada coa Operación Pokemon, arrancou a partir da declaración que prestou no Xulgado a secretaria municipal, a raíz dunha denuncia por "moving" contra o rexedor local, o socialista Lino Rodríguez Ónega, unha situación que mesmo levou á funcionaria a renunciar ao seu posto no Concello de Pol.

A raíz desa declaración ante a instrutora Pilar de Lara, iniciouse unha investigación que desembocou esta mañá no rexistro que se está a practicar no Concello de Pol, segundo informaron a EFE fontes xurídicas.

Rexistran o Concello de Pol por orde do Xulgado de Pilar de Lara