A Xunta completará a mediación familiar nas sete cidades galegas

A Xunta completará a mediación familiar nas sete cidades galegas
21 febrero 2013 / 15 julio 2014 página 15 / 19 mayo 2015 página 11 A Coruña.- Fue una de las frases más coreadas en la concentración que ayer congregó a funcionarios y abogados a las puertas de los Nuevos Juzgados

A Xunta completará a mediación familiar nas sete grandes cidades galegas proximamente, como solución áxil, económica e menos traumática, contribuíndo a reducir a saturación dos xulgados tradicionais.
O compromiso coa mediación por parte dos asinantes dos convenios para aplicar esta medida é unha das claves dos bos resultados deste sistema de resolución de conflitos, que se está a estender por toda Galicia, coma solución máis áxil e máis económica, e menos traumática para as partes, ao tempo que se contribúe a reducir a saturación dos xulgados tradicionais.

Experimental
A mediación familiar intraxudicial comezou a aplicarse no ano 2009 de xeito experimental en Santiago e agora está dispoñible xa en seis das setes grandes cidades galegas, cuns bos resultados que reflicten a súa utilidade e a súa eficacia, xa que arredor de 500 familias aceptaron someterse ao proceso de mediación que se lles ofreceu e máis da metade destas resultaron resoltas con acordo.
A mediación é un recurso totalmente gratuíto e a súa aceptación é voluntaria. Pode ser solicitado por calquera das partes, aínda que na práctica é o xuíz quen valora a situación e decide derivar os casos susceptibles de chegar a un acordo.
No caso de que ambas partes acepten voluntariamente acollerse a este programa, contarán co asesoramento neutral e cualificado de profesionais do dereito e da psicoloxía, que actuarán como mediadores no conflito.

Acordos
A intervención destes profesionais buscará sempre promover un acordo das partes que, posteriormente, só necesitaría ser ratificado xudicialmente.
Os expertos coinciden en que a mediación familiar favorece a resolución de conflitos de xeito rápido e económico, incide directamente nunha redución da carga de litixiosidade, e consecuentemente contribúe a baixar a carga de traballo nos xulgados galegos.

Casos habituais
Os casos máis habituais á hora de recorrer a este tipo de mediación son os divorcios, as separacións, as modificacións de medidas económicas e garda e custodia, as visitas entre avós e netos, as tutelas ou execucións por incumprimentos ou liquidacións de bens gananciais; entre outros.
A mediación actúa coma canle para dar unha cobertura extraxudicial satisfactoria, actuando dun modo áxil e eficaz a conflitos no seo de familias, diminuíndo o custe económico e tamén emocional da ruptura, ao ser máis flexible que o proceso xudicial.
Por outro lado, este sistema tamén favorece que os proxenitores non se enquisten en confrontacións e redúcese o risco de que os menores se utilicen como “moeda de cambio” na negociación dun proceso de divorcio ou dunha separación.
Ademais, este tipo de mediación aforra custes emocionais, ao pretender que os dous membros da parella atopen por si mesmos un acordo duradeiro e mutuamente aceptable, algo que é especialmente importante nos casos de rupturas familiares con fillos menores.

A Xunta completará a mediación familiar nas sete cidades galegas

Te puede interesar