Martiño Rivas | “Paréceme perigoso invalidar o teatro como plataforma para reflexionar e informar”

Martiño Rivas | “Paréceme perigoso invalidar o teatro como plataforma para reflexionar e informar”
Martiño Rivas forma parte del elenco de “Jauría” que se representará hoy y mañana en el Rosalía | Vanessa rábade

Unha transcrición real, sen necesidade de adornos, do acontecido no chamado xuízo da Manada, que xulga aos cinco rapaces andaluces que violaron a unha moza nos Sanfermines.

Martiño Rivas é un dos integrantes do elenco desta obra, que se presenta no Rosalía hoxe e mañá, ás 20.30 horas.

¿Que poderá ver o público en “Jauría”?

Pois son transcricións directas dos testemuños que se deron durante o que se coñece como o xuízo da Manada. Entón todo o que se di aí, díxose nos xulgados, non hai ningunha palabra de ficción, hai unha edición por parte do dramaturgo, porque se ve na obriga de condensar todas esas sesións nunha hora e vinte minutos, pero non hai nada de ficción.

 

¿Como se decidiu a participar desta obra?

En primeiro lugar porque é unha proposta que me chega de Miguel del Arco, unha das voces do teatro nacional máis interesantes e máis relevantes. Logo tamén para contribuir a difundir a nivel pedagóxico, a nivel didáctico, a poñer aí fora unha mensaxe moi necesaria a día de hoxe, como é darlle visibilidade ás distintas manifestacións que pode ter a violencia de xénero.

Jordi Casanovas tratou de non posicionarse ao crear a obra. Sobre isto, vostede comentaba hai pouco que podería ser algo “perigoso”.

Dependendo da posta en escea, podía, por parte dalgún espectador, de forma intencionada, terxiversarse a mensaxe. A obxectividade absoluta é unha utopía, como xornalista sabes que aínda que te achegues aos feitos dunha forma de forense, intentando manterte totalmente distanciado, o simple feito de elixir as palabras que utilizas, xa implica algún tipo de intervención dalgún xeito, implica un posicionamento. Neste caso entendo que Jordi o que quere é iso, ser equidistante; non establecer él un xuízo, non apuntar co dedo índice, facendo fincapé en quén é o culpable ou cal é a sentencia que debe emitirse, senón que sexa o público, a través das declaracións de cada un dos axentes implicados o que dictamine o seu xuízo, se os considera culpables ou inocentes.

¿Como se levan as críticas que xurdiron ao anunciar a peza?

Foi algo illado. O que me preocupaba, como artista e como persona que vai ao teatro, que precisamente esas voces críticas, sempre sen ter visto a obra, o que criticaban é que se puxese isto en escena, porque achacaban estar capitalizando dor alleo. Paréceme curioso que este reproche non se lle fixese aos magazines que estiveron enchendo horas interminables, día tras día, de parrilla relatando noticias relacionadas con este feito, e dun xeito bastante máis sensacionalista e bastante máis superficial e frívolo do que facemos nós en escena. Creo que o que se atopa tras esa crítica é invalidar o teatro como unha plataforma válida para reflexionar sobre estos asuntos e para informar sobre temas de actualidade, e isto paréceme moi perigoso como artista.

O actor acostuma a empatizar coa personaxe que interpreta, ¿Este tamén é o caso?

Non, non. Podo chegar a entender de onde vén, e é verdade que hai condicionamentos sociais ou elementos como o tipo de porno que consumimos que poden contribuir a potenciar e arraigar todavía máis este tipo de comportamentos. Pero, aínda entendendo cal é ese caldo de cultivo, resúltame imposible xustificar o que aconteceu nese portal.

¿Cal é a sensación final da obra, como está a ser o feedback?

Excelente. Todos os luns había funcións con colexios e institutos, e depois da función faciamos un coloquio, un encontro cos espectadores, moitas veces prolongabase máis ca propia obra e chamaba moito a atención o poder catártico e terapéutico da función e a necesidade da xente de contar situacións similares.

Martiño Rivas | “Paréceme perigoso invalidar o teatro como plataforma para reflexionar e informar”

Te puede interesar