ARTEIXO - As normas do ligoteo de principios do século XX

ARTEIXO - As normas do ligoteo de principios do século XX
El Ideal Gallego-2015-10-15-018-671b3eb6

Por aqueles anos de principios do século XX os muíños eran un punto de encontro a onde acudían as xentes de lugar e tamén “os mozos sen casar”. Así se daba “palique, criticaban e moceaban”, apunta Felipe Díaz, de Catoxo Contacontos.
Este contador de historias multidisciplinar  equipado con gaita, pandeireta, voz e roupa de galego tradicional adaptará os seus contos e historias ao ambiente do muíño, temática que asume a Feira Histórica 1900 de Arteixo que comeza mañá.
“Para os nenos vai ser simpático e os maiores van recordar esa picardía, como era a relación entre homes e mulleres”, relata. Neses anos a “igualdade de xénero era lonxana”.
Por elo, a muller tiña que “preservar a súa virtude, tiña que controlar a imaxe que daba”, a fin de contas, “tiña moitos ollos” cá observaban, mentres que os homes “trataban de levar a ascua a súa sardiña, non eran xulgados e tiñan máis liberdade”.
Por elo, un dos puntos de ese espectáculo no que se fían “contos, lendas, ditos e falares”, onde se representa esa loita entre a prudencia e “o ir máis aló”. A maneira de representar, lazar “piques con estrofas intercambiadas entre mulleres e homes”. Unha “cantiga simbólica de sete estrofas na que todo o mundo entendía”.
E como en toda muiñada que se prece, haberá que rematar co baile. Díaz animará aos que se acerquen o domingo ata o anfiteatro (12.00) ou a praza do Balneario (13.00 horas) a aprender un par de pasiños de baile tradicional e arrancar unha muiñeira pícara e alegre. 
E como remata a historia de amor? Pois a muller non acepta, e ao mozo non lle queda outra que “buscarte a outra, que non é nada fácil, ou quedarse no cariño e que de aí xurda unha parella que co paso do tempo terminará por casar”.
Trátase, en definitiva, dunha “viaxe no tempo ata os días dos nosos tataravós. Cando unha nova tecnoloxía era un mango novo para o enciño e as redes sociais eran un grupo de mulleres arranxando as redes dos seus mariñeiros. Un tempo no que as películas eran os contos dos maiores na lareira, e a mocidade para ligar devecía por ir ós muíños a cantar, bailar e namorar”, resume o artista.

Programa
O fin de festa contará cun programa repleto de actividades. Ademais das historias de Díaz, os nenos terán un taller infantil de bonecas, e haberá competición de xogos populares. Ademais, este artista colabora con Faíscas na obra “Unha noite no muíño non é nada” tamén o domingo ás 18.30 horas.
Aínda que ese domingo as predicións meteorolóxicas dan choivas, mañá e o sábado prevese un sol relucente. Unha temperatura idónea para acercarse vestido de época a apertura do Mercado 1900 ás 17.00. A continuación será o contacontos con Duende Sico e ás 19.00 o pasarrúas “Imos a-la!”. 
O auditorio do centro cívico acolle a obra “O Furancho” ás 20.00 horas a cargo de Ibuprofeno Teatro e ás 22.00 será a Noite de Muiñada con Tombalobos Orquestra. Despois chegará a verbena con Aramio.
O día grande será o sábado. Haberá paseo das autoridades con música de Xiradela ás 12.15 horas. O grupo de Maiores e Servizos Sociais interpretarán “Paxe, palleta, pan e pandeireta” ás 12.30 horas.
As carrilanas serán as 16.00, con máis pasarrúas e deporte de época: fútbol e boxeo cun árbitro zancudo. Pola noite, a cea de gala de 1900.

ARTEIXO - As normas do ligoteo de principios do século XX

Te puede interesar