Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O Carballo InterPlay aposta este ano por fomentar os contidos en galego

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

Logo de que desde hai uns días xa se sabe que a terceira edición do festival de contidos dixitais Carballo InterPlay se levará a cabo do 5 ao 7 do próximo mes de maio, os seus organizadores avanzaron onte un pouco máis sobre esta iniciativa que desde hai tres anos é “o festival de webseries máis grande de España” e co cal a capital de Bergantiños “segue apostando pola creatividade” en verbas do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira. Un liderazgo creativo que se ve reforzado con outros festivais como o Fiot, o Derrubando muros con pintura ou o Rexenera Fest, como sinalou pola súa parte o alcalde, Evencio Ferrero, mostrándose  así satisfeito de que o InterPlay “se consolide, medre e se convirta en referente”.
O resultado acadado ata o de agora así o demostra, pois como apuntou a súa directora, Sonia Méndez, “toda a xente de fóra que estivo convidada nas dúas anteriores edicións quere volver e iso é boa sinal, de que algo estamos facendo ben e que ten futuro” sinalou, ao tempo que anunciou que esta nova edición vai medrar tanto porque vai chegar a más público obxectivo (coa incorporación de talleres formativos dirixidos tamén a nenos) como que vai ampliar a súa listaxe de premios.
E é que a novidade este ano é que o festival vai facer unha aposta clara e especial polos contidos online en lingua galega, e ademais do premio xa existente á mellor webserie en galego agora incorporarase outro para premiar ao mellor proxecto de webserie en galego, para traballos en construción. Os interesados deberán presentar así o seu proxecto e logo elexiranse uns finalistas para seren valorados posteriormente por unha comisión específica, un tribunal diante do cal terán que  defender as súas propostas no propio transcurso do festival. Este galardón terá máis dotación económica que os restantes e destinarase á producción desa webserie, que logo no traballo final deberá especificar a colaboración recibida do Carballo InterPlay.

Contidos dixitais
Ademais, o festival carballés seguirá apostando coma o ano pasado non só pola producción de series web senón tamén por todo tipo de contidos dixitais, enfocando a súa programación á creación de contidos propios de internet pero tamén á cultura dixital online, intentando fomentar incluso os contidos online de non ficción.O prazo para a inscrición de webseries a competición xa está aberto, cubrindo o formulario online accesible na súa páxina web (www.carballointerplay.com), que nesta terceira edición loce un novo grafismo elaborado por David Méndez e Alberto  Perancho e que simula unha carta de axuste, que era a que simbolizaba a non programación analóxica e neste caso os contidos dixitais..

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620