O CGAI estrea un documental sobre as orixes do grupo Milladoiro

os responsables presentaron o proxecto no cgai javier alborã©s
|

Foi en outubro de 1975 cando os Pepe Ferreirós, Antón Seoane e Rodrigo Romaní quedaron a falar nun bar compostelán cos membros do grupo Faíscas do Xiabre despois de quedar impactados polo seu directo nas festas da Ascensión. Conta Seoane que sucedeu en tres minutos. Milladoiro créabase nun trato de palabra que duraba arredor dese espazo curto de tempo. Para formalizar a súa  proposta tres anos máis tarde no bar Chantada, ao lado da tenda de Nonito.
O documental “De voces ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movemento Popular da Canción Galega (1973-1978)” conta a xénese do grupo dentro das cooordenadas históricas de finais do franquismo. Xusto cando se comeza a tocar a democracia coa punta do nariz e un movemento da canción galega supura para rachar coa imaxe errónea que estaba a dar a ditadura sobre todo o que se coñece como folclore.
A historia da banda relátase na voz dos protagonistas. Conducidos por Antón Seoane, que lonxe de facer un tratado de música tradicional, limítase a contar o vivido. Porque cando tiña 20 anos este tipo de cousas non se fan, o intérprete describe con 60 aquela época. Nunha memoria persoal na que teñen cabida aqueles nomes que lle marcaron.  Non todos porque os hai que teñen a mira posta noutro sitio.

proxección
O documental, que está producido por R e Casa de Tolos, proxectarase hoxe ás 18.00 horas no CGAI para formar parte de Tolemias, unha nova canle de subscrición ofertada pola televisión con participación galega. O guionista Antón Seoane explicaba que non están todos os que son. Pero que, en todo caso, a cinta xorde como a terceira pata dun banco que empezou por ser un disco, de a cancións que viron a luz nese tempo e que nunca foran gravadas, e un libro, editado por Galaxia. O formato audiovisual vén así a completar o pack cunha recuperación de imaxes importante.
Aquí están as distintas gravacións televisivas e o famoso Festival do Sar, que é algo así para o folk como un antes e un despois. Para falar dunha tormenta perfecta que propiciu a saída de algo totalmente diferente. Cando se uniu o son dunha gaita ao dunha guitarra. E Milladoiro alentou á xente. Despois do túnel.

O CGAI estrea un documental sobre as orixes do grupo Milladoiro