Oito paraxes contan coa calificación de Monumento Natural en Galicia

|

A declaración de Monumento Natural resalta a rareza ou beleza dos espazos ou elementos da natureza (formacións xeolóxicas, xacementos paleontolóxicos...). O obxectivo é evitar poñer en perigo a conservación dos seus valores polo que só se admtirán usos e actividades respetuosos cos mesmos 
Este é o caso dos oito monumentos naturais que existen no territorio galego: A Praia das Catedrais, a Carballa da Rocha, a Costa de Dexo, a Fraga de Catasós, a Pena Corneira, o Souto da Retorta, o Souto de Rozabales e o Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós.

Bosques e costas
A praia das Catedrais, situada no concello de Ribadeo, foi declarada monumento natural en 2005. É unha fronte costeira de 2,2 kilómetros de longo e entre 10 e 20 metros de altura, con pequenos acantilados mariños e praias de area intercaladas entre pequenos promontorios e illotes, de grande interese xeomorfolóxico e paisaxístico. A intensa erosión exercida polo mar sobre estes pequenos pero verticais cantís, favorece a formación dun extenso sistema de furnas (covas mariñas), fumarolas, arcos e illotes. Durante as baixamares, a maior parte das calas entre cantís descobre e mostra fondos intermareais areosos que conforman varias praias. 
En marzo de 2007 recibiu a calificación de monumento natural a Carballa da Rocha, ubicada no concello de Rairiz de Veiga, ao suroeste da provincia de Ourense (comarca da Limia). A paisaxe é froito da actividade agrogandeira tradicional, onde se intercalan pequenas masas forestais, formacións de vexetación herbácea e arbustiva e zonas húmidas que xeran no seu conxunto un ecosistema de importante diversidade biolóxica.
O nome de Carballa da Rocha fai referencia a un exemplar de carballo (Quercus robur) de notoria singularidade e beleza, que ten un perímetro a unha altura estándar de 1,30 metros de 6,90 metros, bifurcándose aos 7 m de altura en dous eixes de grandes dimensións ata alcanzar a extraordinaria altura de 33 metros.
No municipio de Oleiros, entre as rías de Ares e Betanzos e da Coruña, está a Costa de Dexo, declarada monumento natural no ano 2000. É unha fronte costeira, de uns once kilómetros e cun rango altitudinal que vai dos 0 aos 38 metros sobre o nivel do mar, cunha interesante e diversa avifauna e vexetación de herbais e matogueiras costeiras en bo estado de conservación, de grande interese pola súa xeomorfoloxía e alto valor paisaxístico. 
Paisaxe de acantilados fortemente erosionados e con perfil costeiro serrado, con numerosas caliñas e enseadas, algunhas terminadas en pequenas praias encaixadas, furnas e algúns illotes. Como excepción, na punta do Seixo Branco chama a atención unha veta de pórfido granítico, que lle dá nome a este lugar.
Tamén denominada Carballeira ou Souto de Quiroga, a Fraga de Catasós, no concello de Lalín, é unha pequena área de bosque caducifolio autóctono, aínda que de gran singularidade e beleza, declarado monumento natural no ano 2000. Malia que de reducidas dimensións, constitúe un interesante bosque mixto de carballos (Quercus robur), e castiñeiros (Castanea sativa). Os exemplares desta última especie alcanzan alturas de ata 30 metros e máis de cinco de perímetro na base, o que lle confire un alto interese científico.

O máis extenso
A Serra de Pena Corneira é dende 2008 o monumento natural con maior extensión de Galicia, cunha superficie aproximada de 998 hectáreas que se extiende por los municipios de Leiro, Carballeda de Avia e Avión. É unha masa plutónica batolítica froito dunha masa de magma que se solidificou a causa da estrutura profunda dun antigo volcán, hai aproximadamente uns 300 millóns de anos.
No medio de todo este afloramento de rochas graníticas destaca unha singular que lle dá nome á serra; a famosa Pena Corneira, un verdadeiro fito xeográfico de dez metros que preside o Espazo Natural.

Árbores senlleiras
O eucaliptal de Chavín, tamén coñecido como O Souto da Retorta, é un predio situado na parroquia de Chavín, Viveiro, no que se sitúa un rodal de eucaliptos (Eucalyptus globulus) de gran singularidade pola lonxevidade e extraordinarias dimensións das súas árbores, que superan en varios exemplares os cen anos e chegan a acadar probablemente as maiores dimensións desta especie en Europa. Un exemplar en particular, “O avo’’, alcanza unha altura de 61,8 metros e un perímetro de 7,6. Foi declarado monumento natural no ano 2000.
O Souto de Rozabales, no concello de Manzaneda, é unha mostra exemplar do tipo de bosques adevesados de castiñeiros, enxertados, de orixe artificial e explotados secularmente polos campesinos galegos para a obtención de castañas e madeira (soutos), e na actualidade case restrinxidos ás provincias orientais. Neste souto, monumento natural dende o ano 2000, encóntranse exemplares de castiñeiro (Castanea sativa) de gran lonxevidade (algún de máis de mil anos) e extraordinaria beleza. Como exemplar sobresaínte debe citarse pola súa singularidade o coñecido como ‘“Castiñeiro de Pumbariños’’, cuxo perímetro alcanza os 12,15 metros. 

Formación xeolóxica
Por último, o Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, situado no concello de Quiroga, é monumento natural dende o ano 2012. 
Este espacio ten un importante valor xeolóxico por tratarse dun elemento constituido por unha formación xeolóxica singular con interés científico que se conserva prácticamente intacto dende o Carbonífero inferior, onde se aprecia con total nitidez este proceso xeolóxico, deixando ao descuberto a súa estrutura interna nun gran corte transversal. n

Oito paraxes contan coa calificación de Monumento Natural en Galicia