Case 40 anos enfundado nun traxe de cor marrón

Case 40 anos enfundado nun traxe de cor marrón
luis seoane seijas dirixiu o teatro colã³n nos 80 e 90 cando jesãºs xa levaba mã¡is de 20 anos traballando de acomodador quinta na

Pode que non se lembre dos anos exactos que pasou enfundado naquel traxe marrón de botóns e ombreiras pero si sabe que no Colón estivo moitas horas arreglando na caldeira que sempre lle daba a lata, artellando para que todo estivera a punto e acomodando á xente cando se achegaba a hora da función.
Jesús López comezou a traballar de tremoieiro alá polos anos 50 até que no auditorio precisaron en 1958 dun acomodador que fixera ás veces de carpinteiro, fontaneiro e de todo o que necesitara un apaño. Que botara unha man para desmontar toda canta estrutura traían os artistas e que volvese a botala cando  tocase sacala do camión. Diante del pasaron os mellores profesionais da época. E o cine de estrea. Porque o Colón tiña o privilexio de pasar as películas por vez primeira, o exdirector do teatro, Luis Seoane Seijas, que coincidiu nos anos 80 e 90 con Jesús, recordaba aínda as colas que se formaron para ver a aquel extraterreste amorfo que so daba en dicir aquelo de “A miña casa, o meu teléfono”.
Sempre pendentes de que todo estivera ao gusto do consumidor, Seoane e Jesús facían memoria. Para rescatar do pasado a unha Florinda Chico, cando rompeu tres costelas enriba do escenario, e a aquela bailarina rusa que tanto voou impulsada cos pés que aterrou no foso. O anterior responsable lembraba que despois do susto inicial, a profesional ergueuse do chan sen problema e acordou en pronunciar un “mamá, mamá”. E igual de apuros pasaron o día en que Moncho Borrajo quedou sen voz e choraba nos camerinos.

carteis
Foron anos nos que case todo se facía a man. E se Jesús tiña o título non oficial de albanel e fontaneiro, Manuel Gallart trazaba co seu pincel aos actores e actrices da época. A súa arte imperaba nas marquesinas das distintas salas que a empresa Fraga xestionaba en Galicia e foron moitos artistas quenes lle pediron o cartel, como foi o caso do bailarín Antonio.
Dicían Jesús e Luis que Gallart apenas durmía na casa porque a súa casa era o piso de embaixo do Colón. Onde tiña as súas pinturas. Coas que lle debuxou os beizos a man a Sofía Loren e por onde pasaban os artistas ao vestiario: “Poñía o cartel así diante das narices”, explicaba Jesús para asegurar de que non se enteraba do que pasaba nos probadores e “dicía que non vía nada pero o vía todo”. Nuns anos oitenta nos que o seu neto Francisco era un cativo que viu a Julio Sabala no seu esplendor. E que adoptou o Colón como o mellor lugar para resgardarse cando chovía e non se podía xogar coa pelota no barrio.
Alí, don Jesús contaba as horas que quedaban para voltar a poñerse o traxe de acomododador unha vez máis e conducir ás butacas a todas as altas esferas que polo hall desfilaban: “Eu sempre tratei de cumprir”. Case con 40 anos de vida depositados entre o Colón e as máis das salas galegas, o fiel acomodador retirábase en 1995. Poucos anos despois, o teatro cambiaría de cara pero non de esencia. El acudiu a velo tras a reforma: “Eu estiven, viñen e mirei. E está igual. O que non está igual son eu”.
Sentado nunha das renovadas butacas de tonalidade verde auga e situado no mesmo pasillo que de seguro alumeou coa súa lanterna centos de veces, Jesús miraba para a súa bisneta e dicía aquelo de que “sexa por moitos anos”. Apoiado no bastón pero sen o seu traxe de cor marrón.

Case 40 anos enfundado nun traxe de cor marrón

Te puede interesar