O patronato da Fundación Seoane crea unha comisión para elexir ao novo director

O patronato da Fundación Seoane crea unha comisión para elexir ao novo director
Silvia Longueira despedíndose do artista Pablo Pillado quintana

Despois de que en novembro o patronato da Fundación Seoane destituira por unanimidade á directora Silvia Longueira, o centro artístico segue nun estado de stand by que rematará, segundo Xosé Díaz, en breve cando colguen na páxina web da institución as bases do concurso do que sairá o novo responsable. Para iso, o mesmo patronato que decidiu sobre a marcha da anterior cabeza pensante creaba unha comisión de especialistas que dictaminará o perfil que máis se adapte ao cargo entre todas as solicitudes recibidas.
O integrante e fillo de Díaz Pardo sinalaba que nas condicións da oferta estarán as de ter no currículo determinados estudos e, sobre todo, experiencia á fronte de espazos relacionados coa creatividade. Nese grupo de expertos, engadía, atópanse artistas de distintas disciplinas que poñerán en común as súas valoracións acerca dos aspirantes a ocupar a dirección dun edificio que está á espera.
Aparte das exposicións que inauguraban xusto cando Longueira facía a maleta sobre Pedro Calapez, Alberto Corazón e o propio Luís Seoane e os cursos que comezaban en outubro de arte contemporáneo, arquitectura e literatura, a Fundación Seoane tería ocupado o calendario do primeiro trimestre de 2014 sen poder avanzar ata que o posto estea asignado definitivamente e sexa o novo director quen trace o futuro da mesma. Neste aspecto, a concelleira Ana Fernández sinalaba que o final da etapa de Longueira viña da necesidade dun cambio coa apertura dunha nova liña de traballo na que se “potenciará más la figura de Seoane, se itinerará su obra y se tendrá una línea clara expositiva”, sinalaba a edil na presentación das últimas mostras.
Con todo e iso, o período de transición alongaranse no tempo debido a que aínda non se convocou o concurso nin comezou o período de selección.

O patronato da Fundación Seoane crea unha comisión para elexir ao novo director

Te puede interesar