Carmen Conde porá hoxe o seu tendal no Forum Metropolitano para narrar historias “tabú”

08 septiembre 2016 .A Coru..a.- Carmen Conde convirti.. la planta baja de No Importa en un Lar al calor de sus historias con Cuentos Ultramarinos
|

A artista lucense Carmen Conde chega a A Coruña para presentar a súa obra “Tabú”, hoxe no Forum Metropolitano ás 21.00 horas, dentro da programación do festival Elas son Artistas.


É o proxecto de Conde sobre a sexualidade das mulleres de moitas comarcas galegas. “Hai un ano saín por toda Galicia en busca de mulleres de 75 a 90 anos, para falar sobre a súa vida sexual”.


Con isto Conde decidiu facer “un espectáculo coa palabra máis usada ao falar destes temas”. Refírese así á palabra tabú, que lle da nome á peza que mañá expón no Forum Metropolitano.


Acompañada de música ao vivo, unha muller sae a escena para substituir a roupa dun tendal por prendas íntimas, dando comezo así a “Tabú”, que se divide en catro bloques que tratan o “amor”, a “confusión”, a “violencia” e o “ambiente erótico-festivo”.


“Tabú” nace dunha viaxe de seis meses polas zonas do Val Miñor, O Morrazo, O Incio, O Courel, o Couto Mixto, a Costa da Morte e a Mariña lucense, coñecendo as historias sobre a sexualidade das mulleres e vivindo “unha desas experiencias que te marcan”. A selección de lugares busca representar “tanto o mar como a montaña”, para tratar de analizar as diferencias entre os diferentes lugares da nosa xeografía, e como esta afecta ás maneiras de ser das persoas.


Coas persoas “da miña xeración tiñamos conversas nas que falabamos de temas, e con frases, que xa temos normalizadas hoxe en día” ao falar sobre sexualidade  e, conta Conde, que lle xurdiu a idea de saber “desde cando pasaban estas conversas”, levando unha grande sorpresa.


“En cada lugar merendabamos xuntas coas mulleres da vila, elas puñan o café e eu o biscoito”, xerando unha conversa interxeracional sobre temas que en epocas pasadas eran tabú.

Sobre un sitio que resultara especial ou chamativo, Conde destaca O Courel, onde esperaba as reservas das súas mulleres, pero levou unha sorpresa cando elas se abriron para contarlle as súas “experiencias bonitas, e tamén as duras” sobre o seu pasado sexual. Incluso, “ao final, antes de marchar eu, eran elas as que me preguntaban a min sobre a miña vida”, comenta Conde.

“Premios Darwin” 
Conde xa se adicara á narración oral con anterioridade, con obras como “Premios Darwin”, na que recompilaba historias de mortes chamativas ou absurdas que tiveran lugar en Galicia, “algunha incluso marabillosa, tirando un pouco de humor negro”, ri Conde.

Esta fin de semana, grabará os pilotos dunha serie baseada nalgunha destas historias de mortes que gardou para a ocasión.

Carmen Conde porá hoxe o seu tendal no Forum Metropolitano para narrar historias “tabú”