Detido un mozo en Baralla (Lugo) tras a desaparición dunha muller de 26 anos

|

O Corpo de Policía Nacional de Lugo detivo a un mozo do Concello lucense de Baralla tras a desaparición dunha muller de 26 anos o pasado venres 26 de febreiro.

Segundo relataron a Europa Press fontes da Policía Nacional, o novo detido, que se atopa retido dende este sábado nos calabozos da comisaría provincial de Lugo, coñecía a desaparecida e, ao parecer, fora o último en estar con ela.

Por iso, iniciouse un proceso de investigación tras denunciar os pais da moza a súa desaparición, que, de momento, tampouco se descarta que puidese ser voluntaria.

Con todo, segundo precisaron estas mesmas fontes, hai "indicios abondos" como para deter o mozo que coñecía a desaparecida, quen foi o último en vela.

Así as cousas, os axentes da Policía Nacional de Lugo están a realizar as "xestións oportunas" para esclarecer as causas da desaparición da moza de 26 anos.
 

Detido un mozo en Baralla (Lugo) tras a desaparición dunha muller de 26 anos