Envorca un pesqueiro preto de Malpica e rescatados os seus catro tripulantes

Envorca un pesqueiro preto de Malpica e rescatados os seus catro tripulantes
Fotografía del puerto de Malpica. Archivo

O pesqueiro "Siempre Diana" envorcou a unha milla do porto de Malpica e os seus catro tripulantes foron rescatados sen danos, informou o Salvamento Marítimo.
O barco, de 12 metros de eslora tiña a base no porto de Laxe e a tripulación foi recollida polo "Lúa Nova", outro pesqueiro que se achaba na zona, que os trasladou a Malpica.
O sinistro tivo lugar na primeira hora da mañá e o aviso ao Salvamento produciuse ás 09.20 horas, cando os mariñeiros xa estaban a bordo do "Lúa Nova".

Envorca un pesqueiro preto de Malpica e rescatados os seus catro tripulantes

Te puede interesar