Os Kilomberos de Monte Alto fan bailar a todo o CIFP Anxel Casal

Fotos-Kilomberos2
|

O pasado venres 24 de febreiro o CIFP Ánxel Casal – Monte alto inauguraba a tempada de entroido co seu tradicional “Festival de Entroido” organizado polos alumnos e alumnas de 1º do ciclo de Animación Sociocultural e Turística.

Galimación Norte –que así se chama este ano o grupo de estudantes de Animación– logrou, tras un exhaustivo proceso de difusión, a participación do alumnado dos distintos ciclos do centro para formar, cóbado con cóbado, un magnífico festival que rematou coa inestimable colaboración dos Kilomberos de Monte Alto, cuxo espectáculo deleitou a tódolos membros do Centro Integrado de Formación Profesional.

Os Kilomberos de Monte Alto fan bailar a todo o CIFP Anxel Casal