O Foro Cívico traerá aos voceiros do Parlamento polo seu 25 aniversario

O Foro Cívico traerá aos voceiros do Parlamento polo seu 25 aniversario
O colectivo crea opinión e moviliza aos veciños patricia g. fraga

Interesados en debater, preocupados polos problemas e dispostos a cultivar valores éticos e democráticos. Así reza o manifesto elaborado por un Manuel Rivas hai 25 anos e que aínda ten vixencia. O Foro Cívico non tivo nunca local nin administrador, contaba o seu presidentes, Manuel Monge, pero si base. Por iso que resistiran aos envites do tempo.
A crise non lles tocou por ter a sorte de que cada un dos que se sentou nunha cadeira a reflexionar en alto non cobrou nin un euro. Vendo todo o historial de tertulias que convocaron neste período, contou o concelleiro José Manuel Sande, pódense comprobar as preocupacións de cada tempo porque enmarcados no Foro Cívico, expertos chegaron a falar cinco ou seis días de folgas xerais, morte digna, do tratado de Maastricht, o botellón ou, a Sanidade ou o pazo de Meirás.
Monge sinalou que o colectivo non se limitou a poñer a rodar palabras, tamén foi instrumento para organizar á cidadanía como pasou coa plataforma a favor do asilo de Adelaida Muro o dos terreos da Maestranza, a Comisión Aberta en Defensa do Común, que saiu dun encontro.
Por iso, non podía de ser doutra forma e a entidade celebrará o 25 aniversario cun ciclo de conferencias que subirá á palestra aos voceiros dos principais partidos políticos do país representados no Parlamento galego. A primeira en facelo será a nacionalista Ana Pontón, que estará mañá ás 19.30 horas no salón de actos da ONCE para abordar “Retos dos futuro da política galega: Avanzar nos dereitos sociais e nacionais”.

mesmas ideas
O responsable de Cultura destacou ao grupo por ser instigadores de parte da actividade neste período e animounos a seguir “afondando nesa reflexión sobre a sociedade”. Antón Luaces asegurou que “somos nós mesmos, pero sen pelo”. Debaixo desa capa invisible, quedan “as mesmas ideas” que os levan a non quedar de brazos cruzados ante a polémica do Porto e a Solana.
O Foro Cívico irá engordando o programa con máis actos segundo avance o ano. Pola súa parte, Ricardo Vales remarcou o obxectivo de acadar o equilibrio informativo no tema dos terreos do Parrote para tratar cuestións como a reconfiguración da zona tras o convenio de Francisco Vázquez e saltar a outra das preocupacións máis importantes dos coruñeses como é a mobilidade, a ampliación de Alfonso Molina e o carril bici.
Vales falou tamén do xornalista falecido Luís Pita, que formou parte desta familia: “Non era o clásico informador municipal e aínda que moitos relacionaron ao colectivo coa Igrexa por ter acubillo no centro Fonseca e ter a Manuel Espiña nas súas filas. Pero Monge puntualizou que os anos deron en confirmar que o que removían, facíano desde a pluralidade para romper a idea de crear infraestruturas para canalizar as ideas dunha tendencia.
Actualmente teñen 70 socios e unha cota que non variou. Pasou das 250 pesetas aos dous euros. Tampouco cambiou a actitude. É a mesma que os leva en 2017 a poñer enriba da mesa ás pensións, aos 40 anos das primeiras urnas democráticas e a unha efeméride como o Día Internacional da Corrupción.

O Foro Cívico traerá aos voceiros do Parlamento polo seu 25 aniversario

Te puede interesar