Un equipo de goberno que mestura caras novas e experiencia

|

  Se todo sae segundo o previsto, Ana María Iglesias Galdo será nomeada de xeito oficial decana de Ciencias da Educación o vindeiro 26 de abril. Nas eleccións da facultade, que tiveron lugar onte, obtivo a maioría absoluta na primeira volta con 55 votos a favor e 21 abstencións. Iglesias foi a única que presentou candidatura na que incluíu a Eva Espiñeira, como secretaria; e Juan Carlos Brenlla, María de los Ángeles González, Roberto Suárez Brandariz e Rosa María Méndez García, como vicedecanos. Estes dous últimos xa formaban parte do anterior equipo de goberno e a nova decana non dubida en resaltar o “equilibrio” da candidatura elixida que define como a da “continuidade e o cambio”. “Imos manter a mesma actitude que xa tiña o anterior equipo intentando cumprir eses retos dos que falaba para acadar o que non consideramos que é excelencia universitaria”, suliñou.

Un equipo de goberno que mestura caras novas e experiencia