“É importante que a cidadanía teña un coñecemento profundo da Universidade”

Copia de El Ideal Gallego-2016-11-21-019-82d31958
|

Ramón del Valle López (A Coruña, 1962) asume o posto de xerente da Universidad despois de 28 anos pasando por diferentes cargos na Administración autonómica. Nos seus primeros días, defende que a institución ten que abrirse aínda máis á sociedade coruñesa.

Que tal os primeiros días?
Moi ben con todo, co entorno, co persoal da xerencia, xa nos coñecíamos todos e o equipo de goberno fenomenal. Tamén coa dinámica da institución, que é moi atractiva e ilusionante e dan gañas de participar nela. A calquera persoa lle encantaría estar coa posibilidade de facer cousas na institución universitaria da nosa contorna.

Que supón este novo cargo?
É un reto, unha responsabilidade enorme que hai que asumir con moita ilusión e buscando a complicidade de todo o equipo de goberno e de todos os que traballan conmigo e nesas estou. Este é un posto con bastante incidencia e hai que asumila.

Despois de 28 anos en diversos cargos dentro da Xunta, como é o troco?
Son dous organismos públicos, pero calquera universidade ten unhas características moi marcadas e esta tamén. Ten uns ámbitos de actuación que son a docencia e a investigación que non teñen outros organismos públicos e ademais a interacción coa sociedade, esa necesidade de transferencia de coñecemento e a necesidade de implicación da sociedade na universidade. Iso tamén fai atractivo o traballo de todo o persoal da xerencia, colaborar en mellorar a conexión coa sociedade e o benestar do que nos toca arredor. Ademais, mellorar un aspecto como é a mocidade, a través da súa empregabilidade e o seu emprendemento, é do máis atractivo e motivador que podemos ter os empregados públicos.

Que lle dixo o reitor que agarda de vostede?
Traballo. Traballar e avanzar.

Ven de aprobarse o plan de racionalización, supón unha carga de traballo extra?
É outra cuestión máis na axenda de traballo da xerencia, o proceso pasou polo Consello de Goberno e agora hai que afrontalo. Agora está na parte máis académica e logo haberá que trasladalo á parte máis administrativa.

Cales son os principais desafíos que se lle presentan?
Procuraremos mellorar o funcionamento da institución cada día, mellorar os prazos, os convenios para que a investigación e a docencia se fagan da mellor maneira posible, que haxa os menores atrancos burocráticos e procuraremos botarlle aceite e graxa a todos os procesos para que a parte docente e administradora se adique solo ao seu. Para iso necesitamos mellorar tamén o financiamento e nesas estamos agora. Estou en contacto co Vicerreitorado de Economía intentando avanzar nos orzamentos do 2017, que é o que nos preocupa moito.
Por onde pasa esa mellora do financiamento?
Por buscar outras vías de financiamento como poden ser o mecenazgo, as spin-off ou as empresas. Tamén avanzar e matizar todo o que haxa que matizar no plan de financiamento coa Xunta.

Que lle motivou para este cambio?
Que ves que hai un equipo de goberno atractivo cun proxecto e uns obxectivos atractivos e o persoal da xerencia é magnífico. Como con todas as profesións, se chega unha oportunidade de cambio e tes a opción, tes que dar ese paso.
Pensa que esa evolución pasa por ampliar a apertura da institución académica á sociedade?
A Universidade está presente totalmente na vida social, ten unha actividade importantísima tanto en A Coruña como en Ferrol, pero efectivamente creo que sería importante que a cidadanía valorase esa importancia, esa actividade que xa hai da institución. A cidadanía ten cariño e aprecio pola institución, pero non estaría de máis que tivese máis coñecemento do que fai a Universidade, se están a facer as cousas pero sería moi importante que a cidadanía tivese coñecemento máis en profundidade. n

“É importante que a cidadanía teña un coñecemento profundo da Universidade”