Os locais de ensaio ofrecerán clases de baixo, videoclips e gravación no verán

  redacción>a Coruña

  Os locais de ensaio da Concellería de Mocidade presentaron onte a súa proposta formativa do verán para todos os mozos da cidade e os que forman parte dos 33 grupos que fan uso do equipamento na actualidade. As actividades serán unha master class de baixo electrónico a cargo do músico Kin García, que terá lugar o 27 de agosto, ademais dun obradoiro de videoclips, o 30 de xullo. Por outra parte, os amantes da música poderán participar nun taller de gravación en estudio o 21 de xuño.
Os interesados poden inscribirse xa en locaisdensaio.blogspot.com, onde atoparán toda a información. No obradoiro do 21 de xuño, os asistentes terán a oportunidade de participar in situ dunha gravación nos mesmos locais de ensaio para aprender os pasos a seguir para acadar unha calidade óptima de cara a facer o mesmo co seu proxecto.
Contaba o coordinador do espazo, Christian Beade, que despois dun ano en activo pasaron xa un total de 62 grupos divididos por semestres, o que fai que os 33 que están agora desfrutando da infraestrutura terán ata agosto para continuar a traballar nos baixos do Coliseo, mentres que outras bandas inscritas nunha lista esperan o seu turno. O responsable asegura que o cupo está cheo pero que seguirán recibindo solicitudes co fin de que a música conte de xeito permanente cun novo apéndice.
Despois de facer un primeiro festival, no que actuaron dez das bandas que golpearon as baquetas nos locais, Beade sinala que haberá un segundo o vindeiro 24 de xuño, en O Túnel, para o que xa están agrupando as inscripcións. Por outra parte, preparan a edición dun disco, no que se incluirán as primeiras sete cancións que foron gravadas na sala do multiusos e que se ben tira máis polo rock e polo metal, tamén teñen de folk e punk.


 

Os locais de ensaio ofrecerán clases de baixo, videoclips e gravación no verán

Te puede interesar