Xosé Ramón Freixeiro Mato reúne o fervedoiro particular de amor por Galiza de Martínez-Risco

Xosé Ramón Freixeiro Mato reúne o fervedoiro particular de amor por Galiza de Martínez-Risco
A novidade foi presentada na sede da Real Academia Galega quintana

Eduardo Blanco Amor, Xosé Neira Vilas ou Luís Seoane son algúns dos destinatarios das cartas de Sebastián Martínez-Risco que onte presentou a RAG. Para eles, e tamén para institucións ou persoas doutras procedencias interesadas na cultura galega, o que foi presidente da Real Academia Galega entre 1960 e 1977 foi “unha especie de representante oficioso da cultura galega, e case poderiamos dicir que do país no seu conxunto, nun momento en que Galicia non tiña institucións representativas propias”, expresou Xosé Ramón Freixeiro Mato. Así queda reflectido nas 270 misivas que compoñen “Onde ferve o amor por Galiza. Correspondencia do galeguismo exterior con Sebastián Martínez-Risco (1942-1977)”, unha edición ao coidado do profesor da Universidade, publicada pola Deputación.
A obra, que recompila sobre todo cartas do seu arquivo persoal e outras conseguidas de entidades como o Centro Galego de Buenos Aires, foi introducida polo investigador na sede da rúa de Tabernas, onde estivo acompañado polo presidente da Academia, Xesús Alonso Montero; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e a actriz Isabel Risco, neta de Martínez-Risco.
O libro toma o seu título dunha frase extraída dunha carta que Isaac Díaz Pardo lle escribiu a Martínez-Risco en 1955 desde Arxentina. O editor escolleuna “porque representa moi ben ese sentimento de preocupación polo futuro de Galicia” que lle amosaban ao académico as persoas que contactaban con el desde o exterior, moitos deles galegos exiliados e emigrados, pero tamén persoas de Portugal, Francia ou América.
A presentación tivo lugar nunha xornada na que a academia rendeu unha homenaxe ao xurista Martínez-Risco coorganizada coa Irmandade Xurídica Galega, apuntou Xesús Alonso Montero, quen o recordou con grande afecto. “É un dos homes que máis admiro e quero, porque o sigo querendo pese a que xa hai bastantes anos que nos deixou”, sinalou o presidente da RAG. Ademais, felicitou a Xosé Ramón Freixeiro Mato tanto por esta obra como polo libro de correspondencia entre Martínez-Risco e Otero Pedrayo que publicará proximamente. Pola súa parte, Sanmartín salientou a importancia de achegarse a una época complicada: “A través destas cartas podemos saber cales eran as preocupacións do momento.

Xosé Ramón Freixeiro Mato reúne o fervedoiro particular de amor por Galiza de Martínez-Risco

Te puede interesar