Detidos dous veciños de Compostela por falsas revisións de gas para roubar

Detidos dous veciños de Compostela por falsas revisións de gas para roubar
la bombona de butano se encareció un 5% en el mes de marzo

A Garda Civil do Carballiño (Ourense) detivo a dous homes A.H.B. de 34 anos e M.L.R. de 24, veciños de Compostela, como presuntos autores dun delito de furto de diñeiro facéndose pasar por falsos revisores de gas, informou o Instituto Armado.

Tras simular ser uns profesionais dun negocio que non era o seu, traballaron nunha casa de San Amaro e cobraron á dona 200 euros e, posteriormente, distraérona e apoderáronse de 500 que tiña esta muller no seu domicilio.

Foi unha veciña da zona a que alertou aos axentes cunha chamada de que había dúas persoas roldando polo lugar e preguntando por vivendas habitadas.

A Garda Civil trasladouse alí e cando estaba a identificar os dous detidos chegou unha señora dicindo que lle sustraeran 500 euros. O diñeiro foi localizado oculto na roupa interior dun deles, motivo polo que se procedeu á detención.

Da investigación ocúpase agora o xulgado de instrucción número un do Carballiño. EFE

Detidos dous veciños de Compostela por falsas revisións de gas para roubar

Te puede interesar