“Aos que imos sendo vellos, estas cousas supoñen un recoñecemento”

“Aos que imos sendo vellos, estas  cousas supoñen un recoñecemento”
03 abril 2013 página 15 A CORUÑA, 23/02/2012.- El hijo del Isaac Díaz Pardo, Xosé Díaz, (d) acompañado de su madre y viuda del artista, Carmen Arias, durante la inauguración, hoy en A Coruña, de la e

“Aos que imos sendo vellos, estas cousas supoñen un recoñecemento”. Xosé Díaz entrará hoxe como membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes. Farao cun discurso sobre a contribución de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo ao deseño galego do século XX . Contestaralle o museólogo Felipe Senén. “Non podía ser doutra maneira”, sentenza. O fillo de Díaz Pardo recoñece que a invitación para formar parte desa gran familia vén dado tamén polo que leva nas costas, “algo moi denso, cunha parte de memoria de Seoane e outra aínda maior de Isaac”. 
Baixo o marco incomparable da Fundación Seoane, o deseñador falará ás 12.30 horas ante os camaradas de identidade e diferenza, algo que tivo ben presente o binomio que creou o Laboratorio de Formas, que foi quen de “sentar as bases do deseño industrial contemporáneo”. Infundaron na cerámica as características especiais de cada lugar, “a súa cultura e historia”. 
Conta Xosé que unicamente así, as pezas poden ter unha personalidade propia nun sistema que tende a uniformalo todo. Das carencias do mundo globalizado tamén disertará o que entende que “estamos facendo deseños iguais”. Nun mundo altamente competitivo, cómpre sacarlle punta ao enxeño de cara a aportar algo máis, “que os produtos sexan portadores de historias”. 
Deste xeito, aproveitará o nomeamento para poñer á parella de creadores no seu sitio cando ás veces non se fai porque “vivimos nunha sociedade na que a moitas cousas importantes non se lle dá a importancia que teñen”. De momento, non ten propostas para a entidade da que será parte, pero aplaude o pulo que desde os que a presiden lle queren dar para “ir incorporando novas disciplinas artísticas”. 
Dende hoxe, a sección de deseño estará ocupada por el “porque está Miguelanxo Prado, pero está máis pola parte de ilustración”. A idea é que unha vez que poñe un pé na institución de Pintor Sotomayor, traballará en prol dunha mellora  na defensa e visibilidade do patrimonio. 
Antes, lembrará a un tándem que decidiu nos anos 60 que “a arte tiña que ser proxectada á sociedade dunha maneira distinta”. A súa acción divulgativa e o seu compromiso coa situación que lles tocou “traspasou o lenzo” para chegar até a industria e seriar formas que consideraron importantes. 
Nesa teima teñen que continuar os creadores, sinala Díaz, que admite que cada vez é máis difícil penetrar: “O plantexamento vai por uniformar todo, pero é clave proporcionar unha personalidade, unha diferenza”. Nese aspecto, alaba o que fixeron os xaponeses, que concentraron toda a cultura no seu deseño, que hoxe fala dun pobo esperto. En Galicia, o que conseguiron eles dous ten que servir para confiar en que si se pode. 

traxectoria
Nado na Coruña, en 1949, Xosé Díaz é fillo de Isaac Díaz Pardo, e Carmen Arias de Castro. Iniciou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, que abandonou para dedicarse á gráfica, conseguindo o título de deseñador gráfico polo Bureau of European Designers Association da Unión Europea. Foi alumno de Seoane, con quen adquiriu os coñecementos que lle permitiron colocarse entre os mellores do sector a nivel galego, ademais de extender a súa impronta á pintura. Obras súas foron seleccionadas en mostras de Madrid, Londres ou Nueva York. Ten comisariado numerosas exposicións.
En 1995 constituíu a empresa especializada en deseño editorial, identidade corporativa e espazos expositivos Imago Mundi Deseño. Xosé Díaz foi o primeiro director da Fundación Luís Seoane, onde actualmente ocupa o cargo de vicepresidente. Ademais está á cabeza da Fundación Sargadelos e do Laboratorio de Formas de Galicia.

“Aos que imos sendo vellos, estas cousas supoñen un recoñecemento”

Te puede interesar