O Memorial Ibán Toxeiro homenaxeará ás mulleres do teatro con catro textos de autoras e tres directoras

O Memorial Ibán Toxeiro homenaxeará ás mulleres do teatro con catro textos de autoras e tres directoras
El Ideal Gallego-2018-11-20-036-2d5cb9e5

Con catro textos escritos por mulleres e tres batutas tamén mulleres, o teatro Rosalía celebrará o xoves ás 20.30 horas a vixésima segunda edición do Memorial Ibán Toxeiro, da man da agrupación Alexandre Bóveda, que este ano quere visibilizar o traballo de Bego Lomba, Imma Antonio, Rebeca Montero e Lucía Iglesias nunha homenaxe tamén ás directoras, representadas neste caso, pola propia Lomba, Manuela Varela e Amalia Gómez nunha ensalada na que “Nas nubes” buscará o sorriso; “Músculo de Sal” acudirá á poesía e “Conversas” contará un drama, o dunha muller vítima do terrorismo que se atopa co asasino do seu fillo. 

Por último, “Calíope” é o rescate de Lino Braxe dunha autora do século XIX, Lucía Iglesias, da que nunca se representou nada: “Son apuntes meus, unha historia interesante na que non faltará a diversión”. 

Os actores serán da compañía Bucanero Teatro aos que Braxe leva adiestrando desde hai un tempo e que se encargarán tamén de entreter ao público entre peza e peza. 

Ademais, o memorial premiará á directora do Fórum, Begoña Llamosas, polo día a día dunha traxectoria que facilita as cousas aos que se adican ao teatro. Conta a presidenta da agrupación, María Xosé Bravo, que “moitas veces esquécese ás persoas que están facendo cousas no momento. Ela é desa xente que crea escola” porque responde, está ao outro lado accesible e fácil de localizar e por iso, recibirá unha recompensa. 

Nun momento de conflito
O premio vén nun momento de conflito xa que a responsable demandou ao Concello por unha situación de sobreexplotación. Aínda así, Bravo comentou que a decisión de darlle o galardón foi anterior. 

Ademais, o colectivo lembrará a outro home do teatro recentemente falecido, Gustavo Pernas, “unha desolación a noticia da súa morte”. 

O evento será presentado por Sabela Hermida e a entrada será de balde para disfrutar de dramaturxia contemporánea, do agora, nunha posta en escena do “teatro amador feito por xente con moita experiencia aos que dirixe Lino Braxe desde hai dous anos”.

Para darlle saída a creacións de mulleres, o memorial ten dobre función porque unha consiste en reivindicar a Ibán Toxeiro e todo o que supuxo sobre as táboas e outra é sacar á luz textos que teñen dificultade para seren mastigados. 

Estas seis autoras e directoras simbolizarán dalgún xeito a todas as que constrúen o Teatro Nacional día a día.

O Memorial Ibán Toxeiro homenaxeará ás mulleres do teatro con catro textos de autoras e tres directoras

Te puede interesar