Unha mensaxe nunha botella traslada o paraíso de O Grelle a unha praia irlandesa

Unha mensaxe nunha botella traslada o paraíso de O Grelle a unha praia irlandesa
colm mandáballe ao poeta a fotografía da botella nun mail

Cando botaron a botella no Gran Sol, o patrón da embarcación dixo que os ventos non eran favorables. Aínda así, o poema que escribiu Xurxo Gago en xaneiro tocou Irlanda, máis en concreto, arribou nunha praia de pedras brancas na costa de Galway. Deste xeito, o escrito completaba unha travesía alén do mar dun mes e 20 días.

A iniciativa partiu do colectivo In Nave Civitas ao que pertence o autor, que decidiu mandar improntas en 20 recipientes de cristal. Coa finalidade de levar un trozo de costa coruñesa a destinos insólitos. Paraxes descoñecidas ou famosas. Como un xesto de demostrar a forza que teñen as mareas. Foi así como a agrupación comandada polo polifacético Xurxo Souto repartiuse as rochas da cidade de xeito que cada un volcou a súa creatividade nunha delas para transmitir o que lle facía sentir ese trozo de terra ben a través de debuxos ou ben en relatos e poesías.

Un home chamado Colm atopaba o poema de Xurxo Gago nun recipiente lanzado no Gran Sol

Versos que no caso de Xurxo falan de O Grelle, un conxunto de pedras que están preto da praia de San Amaro e que lle deron pé a Xurxo para retratar un recuncho de condición desgarbada, “baixo o ceo do Atlántico” e que se estende ao longo dun “areal dourado”. De seguro que o irlandés Colm, quen tivo a sorte de atopar o premio no medio do seu paseo, asimilou con ilusión a mensaxe. Pode ser que mirara de fronte a Galicia para albiscar que alí onde se dispersa a liña do horizonte podía ficar o escritor que lle adicaba a peza poética. Igual se sentou a ler que nese sitio de augas verdes e fitoplacton, había un mundo máxico “mergullado de centolas e de gorgonias” do que Gago aseguraba que estaba como tocado por un feitizo.

Foi unha vez que chegou a casa cando Colm mandou un mail á dirección que viña apuntada no papel para situar o continente no destino no que el mesmo elexiu para descansar. Un 23 de febreiro despois de otear unha praia de cantos redondos. Inmunizado á auga a golpe de cinta illante, o destinatario amosaba o tesouro intacto a través dunha foto. Que Xurxo contemplaba case ao mesmo tempo.

Cousas do progreso, o certo é que con ese documento gráfico cumpríase o obxectivo. Dun grupo de persoas amantes do mar que optaron por expandir a súa arte. Algúns coma Xurxo navegaron moitos anos polo medio. No seu caso, a bordo de fragatas da Armada. Outros simplemente son coñecedores da costa. Desde a que lanzan as súas canas en busca de peixe fresco ou á que escriben versos cando lles toca a inspiración.

O remitente traducía como podía o mail de Colm e acudía a Google para que lle fixera de tradutor. Dunha última mensaxe que levaba o título de “surprise, surprise” e na que Xurxo lle contaba que o paquete viña dun país irmán. Da man dun grupo de poetas que guindaron as súas creacións coa sorte de que a de O Grelle chegou á primeira. Tiña présa por pisar terra.

O ferrolán explicaba que o patrón dun barco de pesca desfixérase dela un 2 de xaneiro. No Gran Sol. Para cruzar o oceáno e voltar na mesma dirección pero máis ao norte. Desde In Nave Civitas esperan agora que as outras misivas vaian sorprendendo a outras praias distintas.

 

Unha mensaxe nunha botella traslada o paraíso de O Grelle a unha praia irlandesa

Te puede interesar