Antón Reixa | “A actitude de Jorge sería moi punki, aferrado ao arte de pintar”

Antón Reixa | “A actitude de Jorge sería moi punki, aferrado ao arte de pintar”
OUR01. ORENSE, 13/05/2012.- El cantante del grupo gallego Os Resentido, Ant..n Reixa, durante el concierto que han ofrecido esta noche en el recinto ferial de Expourense, conmemorando los 30 a..os del nacimiento de la banda musical. EFE/Brais Lorenzo

A amizade é quen de mover montañas, e tamén de xuntar a unha multitude de artistas para unha causa benéfica como o é o Cabezas Live Aid 2, que terá lugar hoxe ás 21.00 horas no Garufa Club e que busca recadar fondos para  o tratamento do pintor coruñés Jorge Cabezas.


Cabezas sufriu un accidente cerebro-vascular no ano 2014 e dende ese momento atópase fóra da vida social. Tal e como conta Antón Reixa, “a nosa ilusión é que estea o mellor posible, e que volva a pintar.

Reixa conta que hoxe “a partir das 21.00 horas, xuntámonos unha chea de amigos seus”. 
Ademáis do propio Reixa, polo escenario do Garufa pasarán Álvaro Dorda, a voz de Electra; os Fabulosos Cubalibres; Os Mecánicos; Carolina Rubirosa, Julián Hernández ou Xoel López, entre outros. Reixa actuará cos Mecánicos, do que afirma que “para un músico sempre é interesante ver como sona a súa música tocada por outras bandas”.


Sobre Cabezas, Reixa só ten palabras de gabanza. “Jorge é un artista absolutamente moderno”, sinala, “a arte é o seu territorio de paixóns”. “A actitude de Jorge sería moi punki, aferrado ao arte de pintar”, conta Reixa.


A obra de Cabezas é “moi accesible e moi popular”, conta. “Era quen de transmitir enerxía, sarcasmo e alegoría”. Conta Reixa que no “altar de fanatismos” do propio Cabezas compartían espazo xente tan variopinta como Picasso ou Cañita Brava.


Sobre a cita de hoxe, sinala Reixa que seus amigos “botámolo de menos”, un dos seus propósitos é lograr “recuperar o ambiente de risas” que lograba xerar o pintor coruñés no seu cículo de amigos.

Accidente
O propio Antón Reixa se atopa neste momento “tratando de recuperar a súa vida artística”, tralo accidente que sufriu hai dous anos e que tivo en coma ao artista uns 18 días.


Precisamente do accidente que sufriru, conta o artista vigués que lle serviu para “comprobar a verdadeira amizade” das persoas máis acehgados, tal e como lle queren mostrar mañá ao pintor coruñés Jorge Cabezas.


Na actualidade, “quero concentrarme no meu traballo musical e literario”, conta, “agora síntome moito máis libre para facer o que quero”.


Reixa sempre gardou ese aura de punki que se trasladaba á súa obra. En plena campaña electoral non é estraño botar a vista atrás e lembrar as súas letras e comprobar que seguen a ser actuais.
Precisamente hoxe “tocaremos “Economía sumerxida”, que é do ano 1986” e na que é curioso comprobar que falaba de temas que todavía están ao día, como a precariedade laboral e as situacións precarias de parte dos cidadáns.


Reixa conta con que o público acuda hoxe a mostrar o seu cariño por Jorge Cabezas.

Antón Reixa | “A actitude de Jorge sería moi punki, aferrado ao arte de pintar”

Te puede interesar